logo

O Município de Chaves leva os xogos tradicionais ás escolas de Chaves e Verín

21-05-2015
Ao longo do presente ano lectivo e no ámbito do proxecto Ga.M.E.S.Net, o Município de Chaves impulsou varias demostracións de xogos e deportes tradicionais nas escolas de Chaves e Verín, en colaboración coa Eurocidade Chaves-Verín e co Clube Cultural e Recreativo de Vilela do Tâmega.

Estas iniciativas pretenden sensibilizar aos mozos da necesidade de preservar e conservar xogos tradicionais como un símbolo da identidade histórica e patrimonio cultural deste territorio fronteirizo.

As demostracións de xogos populares levadas a cabo polo Clube Cultural e Recreativo de Vilela do Tâmega tiveron lugar no Agrupamento de Escolas Fernão de Magalhães (20 de marzo), Colexio Maria Inmaculada de Verín (22 de abril), Escola Nadir Afonso do Agrupamento de Escolas Dr. Júlio Martins (nos días 5 e 14 de maio), e no Centro Escolar (8 de maio). Subliñar que, o día 14 de maio, o IES Castro Baroncelli de Verin sumouse á Escola Nadir Afonso, nun intercambio escolar, e que no 1 de xuño, e no ámbito das conmemoracións do Día Mundial da Infancia, onde se realizarán tamén demostracións de xogos tradicionais no Jardim Público de Chaves.

A clausura do proxeto Ga.M.E.S.Net terá lugar nun evento final, na tarde de 7 de xuño (domingo), no Jardim Público, onde se entregarán os premios do Concurso Local de Investigación para mozos GAMES@EU. O evento está dirixido a toda a comunidade, sendo necesaria a inscrición previa nos seguintes locais: Clube Cultural e Recreativo de Vilela do Tâmega, Junta de Freguesia de Vilela do Tâmega, Centro de Dia de Vilela do Tâmega, Centro Cultural de Chaves e Câmara Municipal (Ladeira da Trindade, n.º 17). As inscricións serán limitadas e finalizarán o 5 de xuño. Os interesados poderán inscribirse nesta convivencia de xogos tradicionais e participar no xogo do sapo, corda, carreira de sacos, pé atado, buxaina, xogo do aro e balón.

O projeto "Ga.M.E.S.Net" ten coma obxecto promover e preservar os deportes e xogos tradicionais en Europa e os valores comúns a varios países.  Coordinado pola Federación Italiana de Xogos e Deportes Tradicionais, está constituído por 14 socios de 8 países diferentes, Alemaña, Bulgaria, España, Francia, Italia, Malta, Portugal e República Checa, contando co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
web engineered by hostname.pt