logo

A AECT Eurocidade Chaves-Verín pon en marcha o proxecto 'Valtamega'

20-04-2015
A sede da AECT Eurocidade Chaves-Verín acolleu, o pasado venres, unha reunión dos técnicos dos dous municipios para establecer a liña de accións a seguir no marco do proxecto 'Valtamega', destinado a valorizar o corredor ambiental do río Támega.

Este proxecto, do que foron beneficiarios Chaves e Verín con 450.000 euros (dentro da terceira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfroteriza España-Portugal) ten por obxecto mellorar a xestión dos recursos hídricos do corredor do Támega, revalorizar o mesmo como fío de conexión da Eurocidade e incorporando, sempre que sexa posible, os principais valores naturais, históricos e culturais. Ademais de desenvolver e promocionar a conexión entre a poboación dos dous municipios transfronteirizos coas zonas da ribeira e ecosistemas asociados ao río Támega, buscando fomentar o interese por estes espazos así como a responsabilidade pola súa conservación e valorización.

Para logralo formúlanse as seguintes accións: monitorizar a calidade da auga do río Támega e proceder á recuperación e cualificación do seu corredor fluvial, creación de rutas interpretativas do Támega e potenciación turística, implementación dun sistema xeral de espazos verdes e culturais ao longo do corredor fluvial do Támega, realización dun centro de monitorización e interpretación ambiental transfronteirizo, creación de campañas de sensibilización e educación ambiental, elaboración de plans de emerxencia transfronteiriza de inundacións, acondicionamento e mellora de áreas recreativas e fomento de actividades de animación na natureza.

O proxecto "VALTAMEGA - Valorización do corredor ambiental do río Támega" é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (cofinanciamento FEDER).
web engineered by hostname.pt