logo

A AECT Eurocidade Chaves-Verín consegue 450.000 euros en fondos europeos para revalorizar o río Támega

13-04-2015
Os municipios de Verín e Chaves, a través da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Chaves-Verín, foron beneficiarios na terceira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfroteriza España-Portugal (POCTEP) con 450.000 euros para desenvolver o proxecto "VALTAMEGA - Valorización do corredor ambiental do río Támega.

Entre as accións que se desenvolverán nos próximos meses encóntranse:

1. Xestión dos recursos hídricos do río Támega
1.1. Mantemento e conservación do corredor ambiental do Río Támega. Ás accións previstas son:
• 1ª Fase: Elaboración dun plan de acción de mantemento e conservación do corredor ambiental do Río Támega.
- Identificación das zonas máis degradadas e necesitadas de intervención nos hábitats ribeiráns e ecosistemas degradados con estatuto de protección e control.
- Erradicación de especies foráneas invasoras.
- Necesidades de recuperación de abrigos e estruturas de reprodución.
- Programa de repoboación da vexetación.
- Recuperación da fauna autóctona da área.
•  2ª Fase: Servizos de restauración e conservación dos bosques ribeiráns.
- Recuperación e a cualificación do corredor fluvial
- Limpeza puntual e á retirada de residuos depositados, vexetacións inertes e sedimentos
- Operacións de limpeza, restauración e defensa das marxes

1.2. Monitorización da calidade da auga: Informes xornais de análise de calidade da auga no corredor fluvial do río Támega.
1.3. Elaboración dun plan de emerxencia transfronteiriza de inundacións no río Támega. Ás accións previstas son:
- Protocolos de actuación conxunta dos equipos de protección civil.
- Sistema de alertas e previsións (análise dos parámetros meteorolóxicos).
- Sistema de comunicación de ambos os dous equipos.
- Simulacros.

2. Rutas interpretativas do Támega
2.1. Ruta do Támega: Construción da "Ecovia del Támega".
2.2. Creación de rutas de interpretación e observación da avifauna.
ou Sinalización das rutas (mesas de interpretación e sinais) ou 1 observatorio de aves (Chaves).
2.3. Promoción e comercialización das rutas a través da Adquisición de Kits do observador e a realización de Mini-guía das rutas de auvifauna

3. Implementación dun sistema xeral de espazos verdes e culturais ao longo do corredor do Támega
3.1. Creación e acodicionamiento do áreasde descanso en Verín (O Baixo-Tamaguelos).
3.2. Fomento de actividades de animación na natureza: descenso en canoa polo Támega.

4. Centro de monitorización e de interpretación ambiental do río Támega transfronteirizo
4.1. Creación do Centro de Monitorización e de Interpretación Ambiental do Río Támega Transfronterizo (aula de natureza aberta) e a realización dun vídeo promocional do corredor fluvial do Támega (río, avifauna,....).
4.2. Accións de sensibilización e educación ambiental destinadas á poboación e aos agricultores.
4.3. Realización de campañas de limpeza da canle e marxes do río Támega (comunidade local/voluntarios e poboación escolar)

O proxecto "VALTAMEGA - Valorización do corredor ambiental do río Támega" é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (cofinanciamento FEDER).
web engineered by hostname.pt