logo

O embaixador de España en Portugal eloxia os avances de cooperación transfronteiriza realizados pola AECT Eurocidade Chaves-Verín

26-03-2015
O embaixador de España en Portugal, D. Eduardo Junco, desprazouse o 21 de marzo ata o territorio Chaves-Verín para coñecer in situ as actuacións realizadas no ámbito da cooperación transfronteiriza pola AECT Chaves-Verín.

Aproveitando a celebración da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico 'Vila de Verín', o embaixador trasladouse ao destino Chaves-Verín onde, ademais de coñecer as instalacións da sede da agrupación situada no antigo posto fronteirizo de Feces de Abaixo, interesouse polos logros levados a cabo entre os dous municipios transfronterizos, entre eles: a consolidación da Tarxeta do Eurocidadán que permite compartir os servizos e instalacións no territorio, a  labor emcomiable da promoción e comercialización do único destino transfronteirizo na Península Ibérica baixo a marca propia 'Eurocidade da Auga', o desenvolvemento de proxectos de integración cidadá a través do deporte, a cultura, a música, a educación e a xestión ambiental.

O director da AECT Eurocidade e alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, expuxo os problemas máis importantes que preocupan a esta agrupación e por extensión aos/ás cidadáns/nas das dúas poboacións. Entre eles encóntrase a implementación dun transporte transfronteirizo, a xestión compartida dos hospitais e a creación do Centro Policial e Aduaneiro en Feces de Abaixo.

O embaixador comprometeuse a mediar diplomaticamente ante os dous gobernos na solución destes problemas que serán presentados na próxima reunión de cooperación bilateral entre o goberno español e o luso. Así mesmo, congratulouse polo meritorio labor levado a cabo para localizar os obstáculos que impiden a evolución das Eurocidades e puxo a disposición a Embaixada española para recepcionar e promover o destino transfronteirizo Chaves-Verín.

D. Eduardo Junco é o embaixador de España en Portugal e un firme defensor da cooperación transfronteiriza entre España e Portugal. Participa activamente nas redes de cooperación das que forma parte a AECT: Eixo Atlántico e RIET, e tivo un papel determinante na organización da última Cumbre Ibérica en Vidago e na visita dos Reis de España na clausura da última asemblea do Eixo Atlántico onde se laureou o papel determinante que as Eurocidades teñen na consolidación da cidadanía europea.
web engineered by hostname.pt