logo

O destino Chaves-Verín reforza a súa imaxe con promoción turística en mercados de proximidade

03-03-2015
O destino Chaves-Verín estará presente non 16º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, cun posto que promoverá o destino e os seus produtos entre potenciais operadores turísticos.

A través destas accións de mercadotecnia directa, Chaves e Verín achegarán nesta feira os principais recursos gastronómicos do territorio, xa que Xantar é un espazo de carácter singular vinculado a unha das principais motivacións pola que nos visitan: a enograstronomía. Por iso, este destino aposta pola especialización da restauración local en produtos autóctonos e diferenciadores, e co apoio ás coñecidas marcas comerciais de augas lideradas por Vidago e Cabreiroá, e o auxe dos viños da Denominación de Orixe Monterrei, que grazas á súa cultivada calidade están a lograr reconocimentos, nacionais e internacionais.

A participación nesta feira, que terá lugar do 04 ao 08 de marzo en Ourense, permite revalorizar os produtos gastronómicos e vitivínicolas destes dous municipios, ademais de promoverse activamente ante miles de visitantes como un destino termal de excelencia, no que existe a maior ocncentración de mananciais de augas termais e mineiro-medicinais da Península Ibérica. Na xornada de mañá 04 de marzo, terá lugar a inauguración a sesión inaugural na que o stand da Eurocidade será presentado polo director da AECT Eurocidade Chaves-Verín e alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, o presidente de honra da Eurocidade, Alfonso Rueda, e responsables políticos da Cámara Municipal de Chaves.

Información Turística sobre Eurocidade da Auga
A presenza do posto de Chaves- Verín, con información turística e dos establecementos colaboradores de hostalaría e restauración de ambos os dous municipios será unha constante tanto en feiras sectoriais de proximidade coma en mercados nacionais. Esta actuación da resposta á demanda do sector co fin de seguir traballando para atraer visitantes de mercados próximos, tanto nacionais como os internacionais que se encontran a menos de catro horas de desprazamento.

Próxima cita: Feira do Lázaro e Certame Gastronómico 'Vila de Verín'
Tras o salón de Xantar, a seguinte cita promocional non tardará, pois os días 20, 21 e 22 de marzo estará presente na Feira do Lázaro e Certame Gastronómico 'Vila de Verín', co obxecto de incrementar a visibilidade deste destino turístico, mediante unha mensaxe de territorio de gran diversidade nun mercado de proximidade.
web engineered by hostname.pt