logo

Xornada 'Novo Período de Programación 2014-2020' na AECT Eurocidade Chaves-Verín

20-11-2014
A Fundación Galicia Europa, co apoio de D.X. de Xuventude e Voluntariado, Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Instituto Português da Juventude e do Desporto (IPDJ) e a Federación Nacional de Asociacións Xuvenís (FNAJ), socios do proxecto EMPRENDE e coa colaboración do Gabinete da AECT Eurocidade Chaves - Verín, organiza esta xornada, financiada polo Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia - Norte de Portugal (POCTEP).

Enmarcado na actividade de axudas a iniciativas xuvenís emprendedoras, na acción de apoio á internacionalización, a xornada 'Novo Período de Programación 2014-2020' ten por obxecto informar, asesorar e promover novos programas de financiamento, novas ideas e proxectos aos/ás mozos/as de Galicia e o Norte de Portugal. É dicir, achegar os programas de cooperación territorial a unha poboación que non sempre ten ao seu alcance esta oportunidade, unha oportunidade para que a xuventude coñeza de primeira man cales son a novas liñas de traballo na política rexional europea e cales son as novas liñas de financiamento e poidan contactar directamente cos xestores que as dirixen.

Devandita xornada gratuíta terá lugar o xoves 27 de novembro, de 10.30 a 16 horas, na sede da AECT Eurocidade Chaves-Verín (antiga alfándega de Feces de Abaixo). Está destinada á novos empresarios, emprendedores, traballadores, estudantes e parados con espírito emprendedor, de entre 18 e 30 anos (un máximo de 40 persoas e darase prioridade á orde de presentación da inscrición e preferencia aos mozos de zonas limítrofes).

Os/As interesados/as deberán inscribirse e enviar a súa solicitude vía correo electrónico (páxina web www.fundaciongaliciaeuropa.eu, e no correo electrónico sonia@resfaeventos.com). A data límite de recepción será o luns 24 de novembro de 2014. Comunicaráselles persoalmente a recepción da súa inscrición e a resolución definitiva. Para obter máis información poderán chamar aos teléfonos: 981 95 70 88/ 981 54 10 10, en horario de 9 a 14 horas, ou no correo electrónico sonia@resfaeventos.com

Proxecto Emprende

"Xóvenes Emprendedores da Eurorrexión", nome completo desta iniciativa, busca facer deste territorio un espazo atractivo para o asentamento ou desenvolvemento de novas actividades económicas e empresariais por parte dos/as mozos/as.

Colaboran neste proxecto a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, Instituto Português da Juventude, Confederación Empresarios de Galicia, Federación Nacional de Asociacións Xuvenís de Portugal e Fundación Galicia Europa.

O proxecto EMPRENDE está adscrito ao Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, dentro da área de cooperación Galicia-Norte de Portugal, e conta cun presuposto total de 727.313,26 euros, cun 75% a cargo de FEDER no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013. Os seus obxectivos son a creación de empresas e o fomento do emprego, especialmente para a xuventude, a través de actividades estratéxicas que dinamicen os servizos da Eurorrexión e a convertan nun lugar atractivo para a actividade económica e os investimentos.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financieira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).
web engineered by hostname.pt