logo

A Eurocidade Chaves-Verín acollerá a Feira do Lázaro 2014

03-04-2014
A Eurocidade Chaves-Verín acollerá, por sétimo ano consecutivo, a Feira do Lázaro e o Certame Gastronómico “Vila de Verín”, que se celebrará os días 05 e 06 de abril no Pavillón Municipal de Verín.

O obxectivo principal é impulsar o desenvolvemento económico da Eurocidade a través da aposta polas feiras tradicionais e a promoción da enogastronomía e artesanía de ambos lados da raia. O recinto feiral, que contará cunha caseta atendida por técnicos do Gabinete de Apoio Técnico, informará aos visitantes sobre as actuacións desenvolvidas neste proxecto de cooperación transfronteiriza e divulgará e promoverá os produtos de excelencia e as tradicións etnográficas dos municipios de Verín e Chaves. Ademais, na caseta da Eurocidade estarán presentes as Termas de Chaves - O Spa do Imperador, que aportarán información dos seus programas de termalismo terapéutico. Ademais, e como ten sucedido nas últimas edicións, tamén terá unha especial relevancia a unión dos esforzos e recursos plantexados no proxecto da Eurocidade Chaves-Verín, como instrumento económico e social común. A través da Eurocidade, o certame contará coa participación de produtores do barrio norte e do barrio sur, é dicir, Verín e Chaves permitindo ampliar a dimensión e escala do evento, nun concepto de complementaridade natural e ofertando aos/ás verinenses e flavienses artigos confeccionados en pel ou madeira, licores, aceites, mel, queixos, doces artesanais, produtos de fumeiro, xabóns artesanais, encaixe de bolillos, pintura ou bisutería.

Este evento está organizado polo Concello de Verín e patrocinado por: Eurocidade Chaves-Verín, AECT; Plan de Competitividade Puertas de Galicia, Inorde, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Saroni, Socitransa, Parador de Turismo de Verín, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Estradas Galegas SL, Espina & Delfín, Rótulos Losada, MRW, Esinor, AEVER-CCU Verín e AEHCOM.

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financieira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).
web engineered by hostname.pt