logo

Acción formativa facilita o acceso á Tarxeta Profesional da Construción obrigatoria para traballar en España

03-04-2014
Na xornada do 27 de marzo concluiu o curso formativo de nivel básico de prevención na construción civil, unha formación para a obtención da TPC (tarxeta profesional da construción), realizado durante 12 días na sede da Eurocidade (antiga aduana de Feces de Abaixo) e na que participaron un total de dezanove alumnos residentes en Chaves e Verín.

Esta formación gratuíta, imprescindible para a obtención da Tarxeta Profesional da Construción (TPC), levouse a cabo mediante un acordo entre as diferentes entidades españolas e portuguesas, que permitisen aos alumnos que a realicen ver mellorado o seu empregabilidade (foi organizada pola Xunta de Galicia e a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, e contou coa colaboración da Fundación Laboral de la Construción de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela e Eurocidade Chaves – Verín). A mesma tiña como obxectivo principal a eliminación dos custos de contexto transfronteirizo no ámbito da formación en materia de formación profesional transfronteiriza, a través do desenvolvemento dunha actividade formativa común, que permitise a participación e acceso de nacionais portugueses e españois sen necesidade de acreditar a residencia legal ou o empadroamento e que permitise o coñecemento da realidade económica transfronteiriza. Por este motivo, impartíronse cuestións como: conceptos básicos sobre seguridade e saúde, riscos xerais e a súa prevención, riscos específicos e a súa prevención no sector da construción, elementos básicos de xestión da prevención de riscos e primeiros auxilios.

A Tarxeta Profesional da Construción é un documento mediante o cal se acredita a formación recibida polo traballador do sector en materia de prevención de riscos laborais; a súa categoría profesional; e os seus períodos de ocupación nas distintas empresas nas que exercese a súa actividade, entre outros.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).
web engineered by hostname.pt