logo

Entrega dos xoguetes da campaña “Comparte sorrisos e ilusións”

12-01-2012
Os rexedores de Chaves e Verín, acompañados de representantes das principais asociacións comerciais de ambos municipios entregaron os xoguetes, recollidos en Verín e Chaves, entre  os/as nenos/as dos súas respectivas localidades.

A primeira das entregas tivo lugar en Verín, o pasado 2 de xaneiro, onde o alcalde Juan Manuel Jiménez Morán, e o presidente da Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), José Ángel Rodicio Portela, entregaron ás responsables do Fondo Social Municipal e Oficina de atención ao Inmigrante de Verín estes artigos. Mentres que en Chaves, o acto foi o 4 de xaneiro, e foi realizado polo presidente da Câmara Municipal e un representante de Pro-Centro (Asociación para a promoción do centro urbano de Chaves), que levaron xoguetes e calzado aos/ás nenos/as do Patronato de São José en Nantes (Chaves).
 
Esta actuación estivo organizada polo Centro Comercial Urbano de Verín, en colaboración coa Eurocidade Chaves-Verín, Concello de Verín, Municipio de Chaves, Pro-Centro (Asociación para a promoción do centro urbano de Chaves), Xunta de Galicia, Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) e diversas entidades e establecementos verineses. A mesma atopábase enmarcada dentro da campaña ‘Comparte sorrisos e ilusións’,  destinada a recolectar xoguetes (novos e usados) que foron repartidos entre os/as nenos/as necesitados/as da Eurocidade, co efecto de concienciar as dúas poboacións da importancia de axudar nestas datas de Nadal aos que menos teñen.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).
web engineered by hostname.pt