logo

Campaña para a recollida de xoguetes para os nenos da Eurocidade Chaves-Verín

02-12-2011

Baixo o lema ‘Comparte sorrisos e ilusións’ o Centro Comercial Urbano de Verín, en colaboración coa Eurocidade Chaves-Verín, Concello de Verín, Municipio de Chaves, Pro-Centro (Asociación para a promoción do centro urbano de Chaves), Xunta de Galicia, Asociación de Empresarios de Verín (AEVER) e diversas entidades e establecementos verineses organizan a segunda edición da campaña de recollida de xoguetes para os/as nenos/as da Eurocidade.

A mesma permitirá a recolección de xoguetes (novos e usados) que serán repartidos entre os/as nenos/as necesitados/as da Eurocidade, co efecto de concienciar as dúas poboacións da importancia de axudar nestas datas de Nadal aos que menos teñen.

En Verín, os xoguetes novos e usados, pero en bo estado, poderán entregarse na sede de AEVER (R/ Pedro González nº 5, baixo), de luns a venres, 10 a 14 e de 16.30 a 19.30 horas, ata o 30 de decembro (o venres pola tarde a sede permanecerá pechada). No caso de Chaves, os xoguetes poden entregarse nas instalacións de                 Pro-Centro no Terreiro da Cavalaria, no edifício do Posto de Turismo

Por outra banda, o Centro Comercial Urbano de Verín organiza a campaña 'Este Nadal merca en Verín', ata o 27 de decembro ás 14 horas, na se entregarán vales entre os/as compradores/as para entrar no sorteo de seis premios de 100 euros cada un. A entrega de premios terá lugar o venres 29 de decembro, ás 17.30 horas, na gala de Animación Infantil Aever (no Pavillón Municipal de Deportes), na que tamén colabora a Eurocidade Chaves-Verín e onde tamén se entregarán os premios do Concurso de Escapartes da Antena Local de Verín da Cámara de Comercio de Ourense.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

web engineered by hostname.pt