logo

Histórico

Categoria:  Desde:
  • As Eurocidades Ibéricas acordan constituírse como rede para compartir experiencias e acometer proxectos en común

    08-03-2017
    A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, participou de forma activa nos encontros de cooperación organizados pola Eurocidade do Guadiana. En dúas xornadas de traballo, luns e martes celebráronse: o II Encontro Técnico de Eurocidades Ibéricas seguindo o precedente que Chaves-Verín iniciara en decembro de 2015 e o I Foro de Turismo de Fronteira que contou cunha amplísima representación institucional, política, económica e civil do sur da Península Ibérica. Entre eles, os presidentes das CCDR Alentejo e Alentejo- Algarve e Andalucía, o Secretario de Acción Exterior da Xunta de Andalucía, os alcaldes dos tres municipios que forman a Eurocidade, os presidentes de asociacións de empresarios de ambos os lados da fronteira, etc.
  • A Eurocidade Chaves-Verín será a sede da Rede Termal do Eixo Atlántico

    09-02-2017
    Alcaldes/presidentes de CM, concelleiros/vereadores e representantes das cidades e vilas termais de Galicia e do Norte de Portugal reuníronse na sede da Eurocidade Chaves-Verín, AECT para cerrar a proposta de convenio que permitirá a constitución formal da rede termal na Eurorrexión. Na mesma, decidiuse que a sede da Rede sexa na Eurocidade Chaves-Verín e foi nomeado por unanimidade Antonio Cabeleira, presidente da AECT Eurocidade, como presidente da rede termal do Eixo Atlántico.
  • A AECT Chaves-Verín manifesta a importancia de revalorizar o río Támega como eixo vertebrador do territorio

    02-02-2017
    A Confederación Hidrográfica do Douro do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, coa colaboración da Administración Hidrográfica do Norte de Portugal e a AECT Verín-Chaves, celebraron esta mañá unha xornada formativa e informativa na sede da Eurocidade Chaves-Verín centrada en aspectos de planificación e competenciais relativos á xestión da auga. A xornada estivo dirixida aos municipios ribeiregos do río Támega tanto na parte española como na parte portuguesa da Demarcación do Douro-Douro tomando como referencia territorial os pobos de Chaves (Portugal) e Verín (España).
  • A Eurocidade Chaves-Verín presentou en Xantar o seu pack turístico centrado no retorno do auguismo

    02-02-2017
    Día de Verín en Xantar. A Eurocidade Verín-Chaves presentou hoxe ante numerosos operadores turísticos e prensa especializa o “primeiro produto turístico transfronteirizo” , segundo destacou o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, da Unión Europea: a ruta termal e das augas Verín-Chaves.
  • A Eurocidade Chaves-Verín presenta en Fitur a comercialización do primeiro produto turístico transfronteirizo da Unión Europea.

    19-01-2017
    A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín, presentou hoxe na Feira Internacional de Turismo Fitur 2017 a comercialización do primeiro produto turístico transfronteirizo da Unión Europea. O produto vira ao redor da ruta termal e da auga Verín-Chaves-Vidago dando a posibilidade de adquirir un paquete de 4 días (3 noites) na Eurocidade da auga para coñecer as tres vilas termais desde 195 euros por persoa/día. Ana Pastor, clausurou xunto con Nava Castro a presentación do destino transfronteirizo Chaves-Verín encomiando o proxecto de Cooperación e os logros conseguidos nos últimos anos como "un referente, sen dúbida, na península ibérica".
  • O Entroido de Verín asóciase á Rede Europea de Cidades con entroido promovida polo Comisión Europea

    10-01-2017
    O Concello de Verín acaba de ser aceptado como asociado na Rede Europea de institucións públicas e privadas relacionadas coas festividades do entroido europeo. O Concello de Verín verase beneficiado directamente das oportunidades de promoción e financiamento a nivel europeo, a curto prazo e xa de forma indirecta participará en calidade de asociado no proxecto PATRIMONIO EFIMERAL DE LOS RITUALES DEL CARNAVAL EUROPEO (CARNAVAL).
  • Finaliza en Verín a rodaxe de “Vidago Palace”, primeira coprodución luso-galaica

    23-11-2016
    Esta mañá o balneario de Cabreiroá acolleu a rodaxe do último capítulo da serie “Vidago Palace”, primeira coprodución luso-galaica. A presenza da contorna de Verín na coprodución é posible grazas a un convenio asinado entre a produtora galega Portocabo TV e a Agrupación Europea de cooperación territorial (AECT) Chaves Verín no que se pactaron as accións promocionais a realizar por la produtora durante a produción e promoción da serie promovida pola eurocidade; e doutra parte, a contraprestación de 6000 euros que recibirá a produtora por estas accións.
  • A AECT Eurocidade Chaves-Verín presenta o pasaporte do aguista en Italia

    20-10-2016
    A AECT Chaves Verín presentou os logros obtidos co seu produto turístico transfronteirizo estrela: a "ruta termal e da auga Verín-Chaves-Vidago e o seu pasaporte de aguista" na Asemblea Xeral da Asociación Europea de Vilas Termais Históricas (EHTTA) celebrada onte 19 de outubro, na histórica cidade termal de Salsomagiore Terme (Italia).
  • As augas de Chaves - Verín conseguen seis premios internacionais en México

    03-10-2016
    As augas de Chaves-Verin, Eurociudad da auga, conseguiron seis premios internacionais, alcanzando os 3 primeiros postos nas augas con gas carbonico natural, na 14ª Cata Internacional de Augas de Termatalia México 2016- dirixida pola catadora galega Mercedes González- o pasado venres 30 de setembro.
  • A AECT Eurocidade Chaves-Verín presenta a ruta termal e da auga Verín-Chaves-Vidago en México

    29-09-2016
    Por sétimo ano consecutivo, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín promociona o destino transfronteirizo Chaves-Verín na Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar - Termatalia. A cita deste ano 2016 foi en Arteaga-Saltillo, México.
web engineered by hostname.pt