logo

Histórico

Categoria:  Desde:
  • Campaña solidaria de Nadal ‘Espalle alegría na Eurocidade Chaves-Verín'

    05-12-2013
    A Eurocidade Chaves-Verín, Câmara Municipal de Chaves, Concello de Verín asociáronse por segundo ano consecutivo á campaña solidaria de Nadal, levada a cabo por Gráfica Sinal e pola asociación xuvenil A Voz da Juventude, para promover a iniciativa transfronteiriza solidaria 'Espalle alegría na Eurocidade Chaves-Verín' destinada a axudar a familias necesitadas do territorio da Eurocidade.
  • Elixidos os órganos de goberno da Eurocidade Chaves-Verín AECT

    05-12-2013
    No día de hoxe celebrouse no domicilio social, sito na Antiga Alfándega Española da localidade de Feces de Abaixo la Asamblea General Constitutiva da AGRUPACIÓN EUROPEA DE COOPERACIÓN TERRITORIAL (AECT) EUROCIDADE CHAVES-VERÍN, á que estaban chamados os alcaldes ou representantes dos municipios de Chaves e Verín que integran a Agrupación. A orde do día proposto foi:
  • Profesionais do termalismo e hostalería analizan o futuro termal no Workshop 'Eurorrexión Termal e da Auga' da Eurocidade Chaves-Verín

    05-12-2013
    O director de competitividade da ATG, José Luis Maestro, o alcalde de Verín, Juan Manuel Jimenez, e o vereador da Câmara Municipal de Chaves, Paulo Alves, presidiron o Workshop 'Eurorrexión Termal e da Auga', realizado durante toda día na sede da Eurocidade Chaves-Verín.
  • Turismo Porto e Norte promove a Ruta Termal e da Auga Verín-Chaves-Vidago

    27-11-2013
    Turismo Porto e Norte de Portugal, entidade responsable da promoción turística do mercado de interior, promove ata final desta ano, catro accións promocionais da Ruta Termal e da Auga Verín-Chaves-Vidago. Esta iniciativa está incluída no Proxecto Transfronteirizo Eurorrexión Termal e da Auga no marco do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2007-2013, contando coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín.
  • Workshop 'Eurorrexión Termal e da Auga' na Eurocidade Chaves-Verín

    27-11-2013
    A sede da Eurocidade Chaves-Verín (antiga aduana de Feces de Abaixo) acollerá na xornada de mañá, xoves 28 de novembro, o Workshop 'Eurorrexión Termal e da Auga', adicado ao análise de cuestións relacionadas co desenvolvemento do termalismo como industria, actividade turística e actividade sanitaria.
  • A Ruta Termal e da Auga Verín-Chaves-Vidago promocionase na nova edición de INTUR

    22-11-2013
    Este domingo 24 de novembro, e no marco de INTUR-Feira Internacional de Interior, a Eurocidade Chaves-Verín promocionará en Valladolid a Ruta Termal e da Auga Verín-Chaves-Vidago, un producto turístico transfronterizo que busca converter a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal nun referente do termalismo do sur de Europa.
  • 'Curso de recursos turísticos II' na Eurocidade

    20-11-2013
    A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia convoca o 'Curso de recursos turísticos II' que se realizará na Oficina transfronteiriza de información xuvenil da Eurocidade Chaves- Verín, contando coa colaboración de entidades que apoian unha nova liña de actuación de promoción do espírito emprendedor da xuventude, e que programan actividades dirixidas aos mozos e mozas que precisan dunha formación adicional para emprender unha actividade.
  • Xornadas 'Inicia e crea' na Eurocidade Chaves-Verín

    11-11-2013
    A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia realizará os días 20 e 21 de novembro, na sede da Eurocidade Chaves-Verín, unhas xornadas formativas para apoiar aos mozos e mozas na xestión de proxectos que queiran emprender. Preténdese que estas xornadas sexan un punto de encontro empresarial que englobe as últimas tendencias aplicables a tódalas áreas da empresa, para aportar claves sobre as novas técnicas que afronten con éxito a xestión empresarial, facendo fincapé nos emprendedores e naqueles mozos/as que desexen dar continuidade as empresas familiares mediante o relevo xeracional e lles falten as ferramentas necesaria para elo.
  • O relatorio 'A mocidade na Eurocidade Chaves-Verín: visión local' nas Xornadas Transfronteirizas da Mocidade en Monção

    30-10-2013
    Durante este fin de semana, a cidade lusa de Monção acolleu o relatorio 'A mocidade na Eurocidade Chaves-Verín: visión local', dentro das Xornadas Transfronteirizas da Mocidade en Monção organizadas por Ardina- Associação de Jovens de Cambeses, coa colaboración do Municipio de Monção e do Instituto Português do Desporto e Juventude.
  • Festival de ‘Bandas de Garagem’ na Eurocidade

    28-10-2013
    A Eurocidade apoia, por segundo ano consecutivo, o Festival de Bandas de Garagem “Chaves Underground na Eurocidade Chaves-Verín”, que se realizará os días 31 de outubro, 1 e 2 de novembro no Centro Cultural de Chaves.
web engineered by hostname.pt