logo

Histórico

Categoria:  Desde:
  • Formación gratuíta para a obtención da Tarxeta Profesional da Construción na Eurocidade Chaves-Verín

    27-02-2014
    Do 10 ao 2 7de marzo, a sede da Eurocidade Chaves-Verín (antigo posto fronteirizo de Feces de Abaixo) acollerá a realización dunha actividade formativa gratuíta para a obtención da TPC (tarxeta profesional da construción), organizada pola Xunta de Galicia e a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, e conta coa colaboración da Fundación Laboral de la Construción de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela e Eurocidade Chaves – Verín.
  • Formación de proxectos turísticos na Eurocidade Chaves-Verín en Innovación turística (Innovatur)

    27-02-2014
    A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia organiza dentro do marco da Eurocidade Chaves-Verín unhas xornadas de innovación turística e uns obradoiros interactivo-turísticos, financiados polo proxecto EUROCIDADE II aprobado ao abeiro do Programa de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), na que son socios a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, o Instituto Português do Desporto e Juventude, o Concello de Verín e a Câmara Municipal de Chaves.
  • A Eurocidade Chaves-Verín avanza a súa estratexia de investimentos conxuntos para o 2014-2020

    26-02-2014
    A sede da Eurocidade Chaves-Verín acolleu unha reunión de traballo presidida por Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia e presidente do grupo de traballo da Eurocidade Chaves-Verín, José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, Jesús Gamallo, director xeral de Relacións Exteriores e coa EU, Joâo Batista, secretario executivo da Comunidade Intermunicipal del Alto Tâmega, Juan Manuel Jiménez e António Cabeleira, alcaldes de Verín e Chaves, e o secretariado técnico conxunto.
  • Alfonso Rueda presidirá a próxima reunión de traballo da Eurocidade Chaves-Verín

    19-02-2014
    O vindeiro venres 21 levarase a cabo na sede da Eurocidade (antiga aduana de Feces de Abaixo) unha reunión de traballo encabezada polo vicepresidente da Xunta de Galicia e presidente do grupo de traballo da Eurocidade Chaves-Verín, Alfonso Rueda Valenzuela.
  • Desenvolvemento de proxectos turísticos na Eurocidade Chaves-Verín. Formación en Innovación turística (Innovatur)

    19-02-2014
    A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia organiza dentro do marco da Eurocidade Chaves-Verín unhas xornadas de innovación turística e uns obradoiros interactivo-turísticos, financiados polo proxecto EUROCIDADE II aprobado ao abeiro do Programa de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), na que son socios a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, o Instituto Português do Desporto e Juventude, o Concello de Verín e a Câmara Municipal de Chaves.
  • Profesionais da Eurocidade Chaves-Verín, vinculados ao turismo e termalismo, participan nun intercambio de coñecementos en Lugo

    07-02-2014
    A Eurocidade desenvolveu un programa de intercambio, no hotel-balneario de Ferreira de Pantón (Lugo), para profesionais de turismo e termalismo dos municipios de Verín e Chaves. Unha acción enmarcada dentro do proxecto "Eurorrexión Termal e da Auga" -financiado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal- e que tivo como obxectivo principal contribuír á revalorización da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como referente europeo do termalismo, ademais de proporcionar coñecementos xerais sobre termalismo e incentivar á coordinación entre axentes turísticos e sociais para garantir unha experiencia termal integrada e de alto valor engadido.
  • A Eurocidade Chaves-Verín promove un intercambio profesional no sector do turismo e saúde

    04-02-2014
    A Eurocidade Chaves-Verín desenvolverá un programa de intercambio para profesionais de turismo, hostalería e servizos de saúde e benestar dos municipios de Verín e Chaves.
  • A Eurocidade acolle a feira do fumeiro 'Sabores de Chaves'

    29-01-2014
    Entre os días 31 de xaneiro e 02 de febreiro, a Eurocidade Chaves-Verín acolle un ano máis a mostra 'Sabores de Chaves'.
  • A Eurocidade Chaves-Verín participa como membro no X Plenario da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal

    29-01-2014
    A Eurocidade Chaves-Verín participou o pasado 27de xaneiro, en Baiona, como membro da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal ao X plenario da mesma.
  • Curso de español na Eurocidade Chaves-Verín

    16-01-2014
    A Eurocidade Chaves-Verín e Antena Local de Verín (Cámara de Comercio e Industria de Ourense) promoven a realización dun curso de español, que terá lugar do 27 de xaneiro ao 14 de febreiro.
web engineered by hostname.pt