logo

Histórico

Categoria:  Desde:
  • A AECT Chaves-Verín organiza unha xornada de familiarización para persoal de recepción dos hoteis da Eurocidade

    18-11-2014
    A Oficina de Turismo de Verín recibiu a visita de 20 profesionais do turismo para a presentación da Guía de Servizos Hospitality, ademais de participar nunha xornada de familiarización no destino.
  • 'Xornadas de información académica e orientación para o emprego' en Verín

    10-11-2014
    Os días 28 de novembro e 01 de decembro, terán lugar en Verín as 'Xornadas de información académica e orientación para o emprego', organizadas polo IES García Barbón, co colaboración do Concello de Verín e a AECT Eurocidade Chaves-Verín.
  • A AECT Chaves-Verín e as entidades sanitarias de Galicia e Norte de Portugal avanzan na cooperación no ámbito da saúde entre Chaves e Verín

    07-11-2014
    A sede da Eurocidade acolleu unha reunión de traballo entre representantes da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (SERGAS), da Administração Regional de Saúde do Norte (ARS-N) e os alcaldes de Verín e Chaves, Juan Manuel Jiménez e António Cabeleira respectivamente, co obxecto de analizar os traballos realizados ata o momento pola consultora PWC no ámbito sanitario da Eurocidade.
  • A AECT Chaves-Verín organiza as 'Executive Fam Meetings' con profesionais internacionais de turismo

    24-10-2014
    O presidente e director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín, António Cabeleira e Juan Manuel Jiménez respectivamente, presentaron presentaron o 24 de outubro a iniciativa 'Executive Fam Meetings', un programa de visitas e reunións que se desenvolverá os vindeiros días neste destino transfronteirizo co obxecto de revalorizar os recursos da zona e difundilos naqueles mercados potenciais de interese. Estos viaxes de familiarización son a ferramenta por excelencia para conseguir un maior acercamento o destino turístico dos potenciais prescriptores, sendo ademais, un dos investimentos en promoción con maior retorno.
  • Paseo raiano promove ruta de índole histórica-cultural que une tres pobos ex-promiscuos

    30-09-2014
    O próximo día 05 de outubro (domingo), galegos e transmontanos, ademais de convivir e camiñar en territorio raiano, poderán gozar dun paseo de índole histórico-cultural, que une tres pobos ex-promiscuos, cuxo percorrido de camiños están ladeados por marcos divisorios, paisaxes bucólicos, que o tempo e os locais aprezan.
  • A Eurocidade acolle un curso de español

    04-09-2014
    Vinte alumnos/as, a maioría mozos/as residentes no territorio da Eurocidade Chaves-Verín, iniciaron esta semana un curso de español de nivel 2, na sede da Eurocidade, que se prolongará durante todo o mes de setembro.
  • A Eurocidade da Auga Chaves-Verín, protagonista do programa “Descúbreme” da TVG

    04-09-2014
    A Eurocidade da Auga Chaves-Verín foi protagonista da edición do pasado día 24 de agosto do programa “Descúbreme”. Neste programa, que se transmite na TVG todos os domingos ás 22 horas, os/as espectadores poden percorrer Galicia para encontrar tesouros que ata o de agora pasaban desapercibidos para a maioría, que van desde monumentos a pratos típicos da Galicia. Na edición adicada á Eurocidade da Auga, o presentador cruzou a fronteira para presentar Chaves, como se de un territorio galego se tratase, e deu a coñecer as dúas localidades veciñas, que manteñen unha relación tan fluída coma propia auga, constituíndo en conxunto unha cidade europea: a Eurocidade Chaves-Verín.
  • A AECT Eurocidade Chaves-Verín participa no concurso de vídeos "Cuestións fronteirizas, solucións de fronteira" da Comisión Europea

    30-07-2014
    O próximo 21 de setembro, a Comisión Europea organiza o Día da Cooperación Europea, a través de varios eventos na Unión Europea. Para este fin, foi lanzado o concurso de vídeos "Border issues, border solutions" ("Cuestións fronteirizas, solucións de fronteira"), aberto a proxectos e programas europeos de cooperación europea.
  • A Ecovía fluvial da Eurocidade Chaves-Verín contará cun total 18 quilómetros no 2015

    23-07-2014
    Na xornada do 17 de xullo inaugurouse en Verín o primeiro tramo da Ecovía do Támega, no territorio da Eurocidade Chaves-Verín, e presentouse a Guía Turística 'Ruta Termal e da Auga da Eurocidade Chaves-Verín', na que participaron a directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, acompañados do alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, o vereador de Turismo da Câmara Municipal de Chaves, João Carlos Alves Neves, o presidente da Asociación de Discapacitados de Verín, Eduardo Atanes, o presidente de Aever-CCU Verín, José Ángel Rodicio, a presidenta da Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas, Amaya Álvarez, así coma veciños/as da localidade.
  • A Eurocidade Chaves-Verín AECT celebra a decisión da Comisión Europea de reducir as tarifas de roaming ata nun 50% a partir de xullo

    26-06-2014
    O Gabinete da vicepresidenta da Comisión Europea e responsable da carteira da Axenda Dixital Europea, Nellie Kroes, confirmou á Agrupación Europea de Cooperación Territorial Chaves-Verín -a través do Eixo Atlántico- que, a partir do 01 de xullo, entrará en vigor a nova normativa europea de roaming, que establece novos prezos máximos e que inclúe rebaixas de ata un 55% para todos os que usen Internet nos seus dispositivos móbiles nalgún país da UE.
web engineered by hostname.pt