O pasado fin de semana, 12 e 13 de maio, tiveron lugar os primeiros partidos de oitavos de final do 4º Torneo de Fútbol Sala Inter-Freguesias/Pobos Eurocidade Chaves-Verín, cos seguintes resultados:
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o director regional do Norte do Instituto Português da Juventude, Vitor Baltazar Dias, inauguraron a Oficina conxunta de Información Xuvenil Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal e o Local de Ensaio Musical, situado na sede da Eurocidade Chaves-Verín (na antiga aduana de Feces de Abaixo -Verín-).
O vindeiro domingo 27 de maio, a Eurocidade Chaves-Verín organiza a cuarta edición da súa andaina popular. Se nas últimas ocasións realizáronse a 'Ruta da Fronteira' -zona fronteiriza de Chaves e Verín-, ou 'Ruta dos Ríos' -entre Vilarello da Raia (Chaves) e Feces de Abaixo (Verín)-, nesta terá lugar a 'Ruta do Contrabando da Cidadella', destinada a incentivar a importancia histórica, turística e ambiental desta zona de ambos municipios e estreitar lazos de unión entre españois e portugueses.
A Eurocidade Chaves-Verín ten previsto, no seu programa de actividades para 2012, a realización de iniciativas culturais ao longo do ano, coa participación dos dous municipios.
O pasado domingo 29 de abril tivo lugar a terceira xornada do 4º Torneo de Fútbol Sala Inter-Freguesias/Pobos Eurocidade Chaves-Verín, cos seguintes resultados:
O pasado 27 de abril tivo lugar a celebración do Día Europeo da Seguridade Viaria, no que a Eurocidade Chaves-Verín, co apoio da Xefatura Provincial de Tráfico, que convidou a unha escola do municipio de Chaves a conmemorar esta efeméride coa realización dunha xornada de sensibilización con actividades lúdicas e pedagóxicas, e intercambio de experiencias cunha escola galega.
O pasado domingo 22 de abril tivo lugar a segunda xornada do 4º Torneo de Fútbol Sala Inter-Freguesias/Pobos Eurocidade Chaves-Verín, cos seguintes resultados:
A sede da Eurocidade Chaves-Verín (na antiga aduana de Feces de Abaixo -Verín-) acolleu a presentación da Tarxeta do Eurocidadán, a cargo dos alcaldes de Chaves e Verín, João Gonçalves Martins Batista e Juan Manuel Jiménez Morán, e o director Info JC, Jorge Cebreiros.
O vindeiro luns 23 de abril, a partir das 10 horas, na sede da Eurocidade Chaves-Verín (na antiga aduana de Feces de Abaixo -Verín-) terá lugar a presentación da Tarxeta do Eurocidadán. Una tarjeta destinada a proporcionar os mesmos beneficios aos residentes dos municipios de Chaves e Verín, nas mesmas condicións dos servizos dos que xa dispoñen no seu municipio de residencia, promovendo deste xeito o intercambio entre as poboacións destes dous concellos e o incremento da oferta e da diversidade de servizos.
O domingo 15 de abril tivo lugar o inicio do 4º Torneo de Fútbol Sala Inter-Freguesias/Pobos Eurocidade Chaves-Verín, que conta coa participación de 30 equipos do Concello de Chaves e 6 da comarca de Verín.