Institucional

  • Apertura da Oficina de Información Xuvenil Transfronteiriza e Local de Ensaio da Eurocidade Chaves-Verín

    O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o director regional do Norte do Instituto Português da Juventude, Vitor Baltazar Dias, inauguraron a Oficina conxunta de Información Xuvenil Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal e o Local de Ensaio Musical, situado na sede da Eurocidade Chaves-Verín (na antiga aduana de Feces de Abaixo -Verín-).
    18-05-2012
  • Tarxeta do Eurocidadán: Compartimos servizos

    A sede da Eurocidade Chaves-Verín (na antiga aduana de Feces de Abaixo -Verín-) acolleu a presentación da Tarxeta do Eurocidadán, a cargo dos alcaldes de Chaves e Verín, João Gonçalves Martins Batista e Juan Manuel Jiménez Morán, e o director Info JC, Jorge Cebreiros.
    24-04-2012
  • Presentación da Tarxeta do Eurocidadán

    O vindeiro luns 23 de abril, a partir das 10 horas, na sede da Eurocidade Chaves-Verín (na antiga aduana de Feces de Abaixo -Verín-) terá lugar a presentación da Tarxeta do Eurocidadán. Una tarjeta destinada a proporcionar os mesmos beneficios aos residentes dos municipios de Chaves e Verín, nas mesmas condicións dos servizos dos que xa dispoñen no seu municipio de residencia, promovendo deste xeito o intercambio entre as poboacións destes dous concellos e o incremento da oferta e da diversidade de servizos.
    20-04-2012
  • Alberto Núñez Feijóo e Paulo Simões Júlio inauguran a sede da Eurocidade Chaves-Verín, como espazo de integración e cooperación dos cidadáns

    O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o secretario de Estado da Administração Local e Reforma Administrativa, Paulo Simões Júlio, presidiron na xornada do 13 de abril a inauguración da sede da Eurocidade Chaves-Verín, situada na antiga aduana española de Feces de Abaixo (Verín).
    18-04-2012
  • Encontro 'Liderado e Estratexia: As chaves para o cambio na internacionalización da empresa' na Eurocidade Chaves-Verín

    A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia (AJE) e co apoio do socios do proxecto EMPRENDE: IPJ, CEG, FGE, FNAJ promoven a realización do Encontro 'Liderado e Estratexia: As chaves para o cambio na internacionalización da empresa', dirixido a mozos/as con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, e enmarcado dentro do proxecto EMPRENDE, aprobado ao abeiro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP).
    30-03-2012

Educación

Deporte

Cultura

  • Encontros de Teatro na Eurocidade

    A Eurocidade Chaves-Verín ten previsto, no seu programa de actividades para 2012, a realización de iniciativas culturais ao longo do ano, coa participación dos dous municipios.
    09-05-2012
  • Exposicións colectivas na Eurocidade Chaves-Verín

    Ata o vindeiro 10 de maio, a sede da Eurocidade Chaves-Verín (na antiga aduana de Feces de Abaixo -Verín-) acolle unha exposición colectiva de 24 artistas do Norte de Portugal e de Galicia, promovida polo Instituto Português do Desporto e Juventude.
    18-04-2012

Dinamización Económica

Territorio Sustentable

web engineered by hostname.pt