Se vostede é un músico, este é o recurso que estaba buscando.
Participa e accede ó Local de Ensaios para Xuventude da
Eurocidade Chaves-Verín. Está equipado con o que precisas para
tocar co seu grupo.
Os Locais de Ensaios son un servizo de balde dirixido á
mocidade para que teña espazos axeitados onde expresar
a súa creatividade musical. Este espazo integra a Rede
Galega de Locais de Ensaio da Dirección Xeral de
Xuventude e Voluntariado. Esta rede dispón aínda dun
portal en internet onde os grupos poden subir as súas
cancións, vídeos e toda a información para promover a
rede.
Xa podes acceder ás normas de uso como o
formulario de solicitude do uso do local.
Unha vez cuberto o formulario podes
entregalo na Oficina Transfronteriza de
Información Xuvenil, situada na sede da
Eurocidade Chaves-Verín, antiga alfándega
española en Feces de Abaixo, xunto coa
información solicitada.
Os locais de ensaio están equipados
de xeito que a única cousa que
precisas traer son as baquetas.
Horario:
24 horas ao día, 7 días por semana, 365 por ano
Grupos
inscritos
Adamastor (Chaves)
Akintacona (Verín)
Alfandega (Verín)
As de Folk (Verín)
Banda de Gaitas Nova Era (Verín)
Blash (Chaves)
Bloodybastard Project (Verín)
Boston George (Verín)
Candaira (Verín)
Charanga Fuego (Verín)
Evendim (Verín)
Hinge (Chaves)
Krápulas (Verín)
Limbo (Chaves)
Manuel Matos (Chaves)
Matamoscas (Chaves)
Naquela (Chaves)
O Conceto B&R
PNEURA (Verín)
Power Trio (Verín)
Rata Cotroso (Verín)
Rear Mirrors (Verín)
Sin Nombre (Verín)
The Hum (Verín)
Udúke (Chaves)
Vicente (Chaves)
Xanononoto (Verín)
Xoel G (Verín)
web engineered by hostname.pt