logo

TRANSPORTE URBANO TRANSFRONTEIRIZO CHAVES-VERÍN (TUT)

31-07-2019

TRANSPORTE URBANO TRANSFRONTEIRIZO CHAVES-VERÍN (TUT)

A partir do día 09 de agosto de 2019 estará dispoñible o servizo ocasional de Transporte Urbano Transfronteirizo Chaves-Verín (TUT). Este servizo estará vixente ata o dia 13 de decembro de 2019.

 O Transporte Urbano Transfronteirizo Chaves-Verín (TUT) ten como obxectivo por a disposición dos eurocidadáns un servizo de transporte nos días de maior necesidade de mobilidade transfronteiriza,concretamente, nos das de feira das cidades de Chaves e Verín e nos días de realización dos principais eventos dos dous municipios. Este servizo é gratuito.

Esta acción está enmarcada no proxecto EUROCIDADE2020, aprobado polo Programa INTERREG V-A España- Portugal (POCTEP) 2014-2020, coa cofinanciación do FEDER.

Adquisición de billetes:
 poderán solicitar o seu billete online mediante a páxina web da  Autoviação do Tâmega (avtamega.com). Os billetes tamén poderán ser adquiridos no propio bus ao inicio do servizo e durante a parada intermedia na sede da Eurocidade,  se houbese dispoñibilidade de prazas.


Itinerario do servizo


Sentido Norte-Sur

1. Orixen: estación de autobuses de Verín (Rúa Espido).

2. Parada intermedia: sede da Eurocidade Chaves-Verín (edificio da antiga aduana española)

3. Destino: estación de autobuses de Chaves (Largo da Estação)


Sentido Sur-Norte

1. Orixen: estación de autobuses de Chaves (Largo da Estação)

2. Parada intermedia: sede da Eurocidade Chaves-Verín (edificio da antiga aduana española)

3. Destino: estación de autobuses de Verín (Rúa Espido).

web engineered by hostname.pt