logo

XORNADA TÉCNICA PARA O INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

 A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, acolle na súa sede en Feces de Abaixo, a Xornada Técnica para o Intercambio de Experiencias sobre Violencia de Xénero entre Galicia e Norte de Portugal o 20 deste mes, de 10:00 a 14:00 horas (hora española).

Esta Xornada es organizada por a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, dentro do proxecto 0101_GNP_AECT_1_E, que se desenvolve dentro do Programa Operativo de Cooperación Territorial España-Portugal e no que a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia está a participar como socia.

O proxecto 0101 GNP-AECT trata de avanzar na mellora da capacidade institucional e a eficiencia da administración pública, promovendo a mellora e eficacia de redes estables de cooperación transfronteiriza na loita contra a violencia de xénero

O obxectivo xeral desta xornada é o de ofrecer un espazo no que os axentes implicados na atención a mulleres vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos e fillas poidan poñer en común os seus recursos, pautas e protocolos de actuación.

Para facilitar a asistencia de todo o persoal interesado, vaise desenvolver a mesma xornada nas 3 Eurocidades e en datas distintas:
- Tui-Valença: 19 de diciembre.
- Chaves-Verín: 20 de diciembre
- Salvaterra-Monção: 23 de diciembre.
web engineered by hostname.pt