O vindeiro sábado 14 de xullo, ás 20 horas, a Igrexa dos Padres
Mercedarios acollerá a primeira edición do Festival Coral na
Eurocidade Chaves-Verín.
Neste festival participarán o Coral 'Ecos do Avia'
(Beade), Coral de Chaves e Asociación Verinense 'Amigos da
Música' (Verín), que interpretaran temas como A nena da fonte,
Brinda por min, No niño novo do vento, Jesu Rex Admirabilis,
Quam Pulchra, Agnus Dei, Mocina dame un besín, De colores, La
perla ou De colores, entre outras.
O I Festival Coral na Eurocidade Chaves-Verín enmárcase dentro
do programa de actividades culturais desenvolvido pola
Eurocidade, como o recente 'Encontros de Teatro', destinado a
fomentar unha colaboración conxunta entre ambos municipios na
organización de actividades comúns, para promover a
participación e intercambio de espectáculos nos dous
territorios, mobilizar aos/ás veciños/as dos dous lados da
fronteira para crear un sentimento de eurocidadanía e pertenza
a un único territorio; así como para incentivar a cooperación
territorial transfronteiriza a través de compartir equipamentos
e unha xestión equilibrada de recursos, evitando a duplicidade
de equipamentos e custos.
No mesmo, organizado pola Asociación Verinense ‘Amigos da
Música’, colaboran Eurocidade Chaves-Verín, Concello de Verín,
Município de Chaves, Cabreiroá, Denominación de Orixe Monterrei
e PCT Puertas de Galicia.
1º Festival Coral na Eurocidade
09-07-2012