logo

Noso territorio

A Eurocidade Chaves-Verín está constituída polo territorio que os municipios de Chaves e Verín ocupan no Val do Alto Támega no Norte de Portugal e Sueste de Galicia respectivamente.

Chaves é un municipio con pouco máis que 41.000 habitantes (dos cales ao redor de 20.000 residen na área urbana), e é o principal centro urbano do territorio do Alto Támega (6 municipios con preto de 92.000 habitantes). Verín, pola súa banda, é unha vila duns 15.000 habitantes, o centro dunha extensa área funcional (que inclúe non só a bisbarra de Monterrei-Verín, con 25.000 habitantes, senón tamén algúns municipios nas bisbarras veciñas).

O territorio da Eurocidade Chaves-Verín constitúe un continuo núcleo poboacional, separado administrativamente pola fronteira. Trátase desde un punto de vista xeográfico dun gran val, unido polo río Támega e atravesado por unha falla tectónica, que ofrece as condicións específicas para a explotación dun recurso fundamental para a economía da Eurocidade Chaves-Verín: a auga.

Segundo os Censos, en 2011 residían na Eurocidade Chaves-Verín 55.710 persoas, correspondendo preto de tres cuartos da súa poboación ao municipio de Chaves e o outro cuarto ao de Verín. Non obstante, o peso da poboación de Chaves na aglomeración transfronteiriza veu a diminuír nas últimas décadas, posto que se verificou unha perda de poboación en Chaves de 8% en relación a 1970, mentres que en Verín, a poboación residente incrementou 45% en relación ao mesmo período de referencia.

Gráfico 1 - Evolución da poboación
     Fonte: INE / INE 
Grafico
Por grandes grupos etarios, a poboación residente na Eurocidade con máis de 65 anos (24,0%) cuasi que duplica a poboación con 15 ou menos anos (13,1%). O peso da poboación maior é aínda máis relevante cando comparada cos datos tanto dos dous países, coma da Eurorregión Galicia-Norte de Portugal. De igual modo, exceptuando Galicia, o peso da poboación con 15 ou menos anos na Eurocidade é inferior aos datos rexistrados tanto polos dous países coma pola Eurorrexión.
Táboa 1 - Grupos etarios
  Fonte: INE / INE, 2011
Táboa 1
En relación á súa dimensión territorial, a Eurocidade ten unha superficie de 685,3 km2. Tamén neste caso, Chaves achega a maioría da superficie do territorio (591,2 km2) á Eurocidade Chaves-Verín, cunha extensión seis veces superior ao do termo municipal de Verín (94,1 km2). De resto, esa proporción é similar cando se compara a dimensión media dos municipios portugueses cos españois, pondo xa en evidencia a maior importancia do poder local en Portugal, cando comparada coa administración local en España.
Táboa 2 - Territorio e poboación
Fonte: INE / INE, 2011 
Táboa 2
A densidade poboacional da Eurocidade sitúase en 81,3 hab/km2, abaixo da media tanto dos dous países coma da Eurorrexión. Ese valor coloca de manifesto o peso do medio rural no municipio de Chaves, resultando en densidade baixa poboacional do municipio (69,8 hab/km2), a pesar da dimensión da súa cidade. En cambio, a densidade de Verín (153,7km2) supera en máis do dobre ao dato de Chaves, colocándose enriba tanto da media de España, coma de Galicia.

Os dados poboacionais da Eurocidade deberán ser analizados no seu contexto territorial. O seu territorio encóntrase nunha zona rural e de interior, lonxe das principais urbes da península ibérica. Ademais do seu carácter fronteirizo, asociado ás baixas densidades poboacionais, o seu territorio encóntrase nun fenómeno de despoboación e de éxodo rural, baixas tallas de natalidade e un rápido envellecemento poboacional. O feito de tanto a cidade de Chaves, na sub-rexión do Alto Támega, e de Verín, na bisbarra de Monterrei, posicionárense como polos urbanos de referencia do seu ámbito, marcado polo seu carácter rural, constitúen unha alternativa ao éxodo poboacional cara ás grandes cidades. Non obstante, os baixos niveis de poboación nova que actualmente atinxen as zonas rurais colocan en risco no futuro, este factor de atracción do seu territorio de influencia. A posta en marcha das liñas estratéxicas de Europa 2020, a través do investimento no crecemento e no emprego, nun contexto de cooperación transfronteiriza é esencial para reverter as tendencias regresivas poboacionais da Eurocidade e do seu territorio de influencia.

web engineered by hostname.pt