logo

Identidade gráfica

O novo logotipo da Eurocidade Chaves-Verín, AECT ten agora unha imaxe corporativa equilibrada, dinámica e estilizada como continuidade á existente ata este momento, rompendo coa imaxe ancorada polo cubo azul, e logrando un novo concepto de área xeográfica aberta (Eurocidade). A auga segue sendo o elemento relevante que serve para describir a riqueza de Chaves e Verín, como elemento unificador que elimina obstáculos entre as dúas cidades e as unifican nunha soa.

Na imaxe corporativa actual uníronse máis os símbolos dos dous países integrándoos, unicamente diferenciados polas cores e co selo de identidade de Europa que se crea coa bandeira de España e o trazo da auga, integrando a Portugal neste espazo único de desenvolvemento económico, turístico e social, nun contexto distinto de novos oportunidades e de enorme potencial.

Mantense o símbolo das estrelas e a cor azul identificando a Unión Europea, e identifícase mellor esta rexión utilizando as maiúsculas no texto CHAVES-VERÍN. Como se trata dunha AECT (Agrupación Europea de Cooperación Territorial) deuse máis relevancia a este acrónimo para que se identifique inmediatamente utilizando un tamaño de letra maior.

Logotipo

Manual de Identidade Corporativa Eurocidade Chaves-Verín, AECT

web engineered by hostname.pt