Instituto de Emprego e Formação Profissional:
proporciona o acceso a ofertas de emprego tramitadas pólo
servizo público de emprego de Portugal
Portal Servizo Público de Emprego de Galicia:
proporciona o acceso a ofertas de emprego publicadas pólo
servizo público de emprego de Galicia.
Portal RED TRABAJ@: proporciona o acceso a
ofertas de emprego publicadas polo servizo público de emprego
estatal de España
Portal EURES: proporciona o acceso a ofertas
de emprego publicadas polos servizos públicos de emprego dos
países do espazo económico europeo.
En virtude da normativa comunitaria, o termo "traballador
fronteirizo" designa a todo traballador que desempeñe o seu
labor no territorio dun Estado membro e resida no territorio
doutro Estado membro, ao que regresa en principio cada día ou
polo menos unha vez por semana. Con todo, esta definición, que
ademais dos elementos intrínsecos de desprazamento desde o
domicilio ao traballo a través dunha fronteira conserva a
condición temporal do regreso cotián ou semanal ao domicilio,
só se aplica á protección social dos traballadores afectados no
interior da Unión Europea.
Unha vez finalizado o contrato de traballo, antes de regresar
ao seu país de orixe é importante regularizar a súa situación
no país de traballo na Seguridade Social. Tamén debe
solicitar:
No ámbito fiscal, os
convenios bilaterais de dobre tributación, determinan o réxime
tributario dos traballadores fronteirizos. No caso das
relacións entre España e Portugal, non hai unha zona
fronteiriza, sendo a tributación no Estado de residencia.
Centro de Emprego de Chaves - IEFP
Rua Bispo Idácio, 50
5400-303 Chaves
Tel.: +351 276 340 330
Fax: +351 276 340 338
Oficina de Emprego de Verín
Estr. Castilla, 30 Baixo
36200 Verín
Tel.: +34 988 410 703
Serviço de Finanças de Chaves
Av. Pedro Álvares Cabral - Edifício Angola
5400-304 Chaves
Tel.: +351 276 333 650
Fax: +351 276 332 703
rf2380@dgci.min-financas.pt
Axencia Tributaria de Verín
Rúa Colón, 2
32600 Verín
Tel.: +34 988 411 510
Fax: +34 988 413 022
Serviço Local de Chaves do Centro Distrital de
Segurança Social de Vila Real
Rua Enfermeiro Carvalho - Campo da Feira
5400-159 Chaves
Tel.: +351 276 301 720
Fax: +351 276 340 139
CDSSVReal@seg-social.pt
Centro de Atención e Información Comarcal n.º 4 - Seguridade
Social
Rúa Diputación, 25
32600 Verín
Tel.: +34 988 410 253
Fax: +34 988 412 386
Creada en 1993, EURES é unha rede de cooperación entre a
Comisión Europea e os servizos públicos de emprego europeos dos
Estados membros e outras organizacións asociadas. O propósito
de EURES é facilitar información, asesoramento e
contratación/colocación (procura de emprego) aos traballadores
e empresarios, así como a calquera cidadán que desexe
beneficiarse do principio da libre circulación das
persoas.
Nas rexións fronteirizas de Europa EURES ten unha importante
misión que cumprir para informar e axudar a resolver os
problemas de todo tipo que poidan experimentar os traballadores
que cruzan a diario a fronteira e as empresas nas que
traballan.
Dentro desta rede, EURES Transfronterizo Galicia-Norte
Portugal, foi creado para dar información específica ligada á
mobilidade fronteiriza de traballadores e empresarios nesta
Eurorrexión. O Servizo EURES Transfronteirizo:
Coordinadora
Teresa Gonzàlez Ventin
Ed. Antiga Alfândega
Avenida de Espanha
4930-667 Valença
Tel.: +351.251.82.61.05
Fax: +351.251.82.61.04
teresa.ventin@iefp.pt
Os conselleiros EURES son especialistas formados que prestan os
tres servizos básicos de EURES de información, orientación e
colocación, tanto aos solicitantes de emprego como aos
empresarios interesados no mercado laboral europeo. adquiriron
coñecementos especializados en cuestións prácticas, xurídicas e
administrativas relacionadas coa mobilidade a escala nacional e
transfronteiriza. Traballan no marco do servizo público de
emprego de cada Estado membro ou doutras organizacións
asociadas na rede EURES.
Conselleiros Eures na Eurocidade
Chaves-Verín:
Manuel Tomás Gonçalves
Centro de Emprego de Chaves - IEFP
Rua Bispo Idácio, 50
5400-303 Chaves
Tel.: +351 276 32 67 70
Fax: +351 276 34 03 38
tomas.goncalves@iefp.pt
Susana Melo
Associação Empresarial do Alto Tâmega (ACISAT)
Rua Coronel Bento Roma
5400-114 Chaves
Tel.: +351 276 33 21 15
Fax: +351 276 33 21 15
acisat@mail.telepac.pt
Manuel Iglesias
Oficina de Emprego de Ourense
R/ Progreso, 11 baixo
32003 Ourense
Tel.: +34 988 22 26 36
Fax: +34 988 22 26 41
eures-ourense.iglesias@sepe.es