A axenda estratéxica, documento elaborado por expertos do
territorio en ambos os países, pretende ser unha guía de actuación
para o desenvolvemento do proxecto nos próximos anos; nela
participaron tamén, a través da organización de diferentes focus
groups, axentes económicos e sociais de ambos os municipios.
Estrutúrase en tres eixos de actuación:
EIXO 1 - Eurocidadanía: Preténdese implicar ás poboacións no
proxecto, de forma que gañen conciencia das vantaxes da cooperación
transfronteiriza.
EIXO 2 - Desenvolvemento Sostible: Preténdese inventariar, coñecer,
preservar e dinamizar o patrimonio natural común.
EIXO 3 - Dinamización Económica: O obxectivo é promover a creación
dun tecido económico competitivo, emprendedor e capaz de xerar
valor en aumento.