VENRES DE COMPADREO

17-02-2012

Início do Evento: 18h00 (hora local)

Localización: San Lázaro, rúas de Verín


Ás 18 horas terá lugar a saída dos Escuadróns de Capuchóns e Mascaritas para percorrer diversas rúas e prazas da vila, con paradas estratéxicas para mollar a gorxa e encher o bandullo. Irán acompañadas en todo momento de dous Carros do Compadreo e das charangas Garrafón e Támega; para no fin, rematar na praza de Edesio Fuentes cunha sesión de “tapeo” e queimada para os participantes, amenizada por Disco-Móvil Jorge. Pola noite, verbena popular nas prazas García Barbón e Maior co grupo La Oca.
Organizador: Concello de Verín
web engineered by hostname.pt