É con grande satisfacción que vos presentamos a Axenda Cultural común da Eurocidade, unha programación conxunta que enriquece a oferta ao dispor dos cidadadáns dos municipios de Chaves e Verín.
O proxecto Eurocidade, un instrumento de desenvolvemento económico e social, serviu, neste período, para pensar e dinamizar tamén as actividades culturais conxuntas. A cultura aúna pobos, e a posibilidade de compartir eventos socio-culturais, enriquecerá sen dúbida a calidade de vida de todos nós.
A proximidade, afinidade e relacións históricas dos dous municipios fixeron con que, nalgún momento, todos nos desprazasemos á Feira de todos os Santos ou ao Entroido de Verín; pero con esta axenda, pretendemos, por un lado, colocar a disposición de todos, e por outro, presentar unha oferta do agrado dos eurocidadáns, pasando a planificala en conxunto, evitando duplicacións e creando complementariedades para que, na medida do posíbel, todos os días aconteza algo que nos motive a disfrutar das propostas que estas páxinas conteñen.
Esperamos que grazas a esta publicación, de periodicidade mensual, se considere como proprios, a totalidade dos eventos culturais de Chaves e Verín, e que, a través da cultura, sigamos convivindo e xerando lazos para os desafíos que temos por diante.
FEIRA DO LÁZARO
O Pavillón de Deportes de Verín acollerá, de 11 a 21 horas e
con entrada gratuíta, a realización da Feira do Lázaro,
articulada en torno a produtos de ...
ROMERÍA DE SAN ANTÓN
Música, lume, festa… e chourizos asados con viño. Esos son os
ingredientes dunha concorrida festa na honra de San Antón na
capela situada na aldea...