logo

Manual de Boas Prácticas para o pequeno comercio da Eurocidade Chaves-Verín

MBP

Para poder dar resposta á busca e necesidades competitivas dos mercados actuais, é fundamental transmitir os principios de boas prácticas na xestión comercial para adaptar aos pequenos comerciantes á situación e esixencias máis competitivas. O Manual de Boas Prácticas para o Pequeno Comercio da Eurocidade Chaves-Verín describe e explica os requisitos necesarios que debe cumprir un pequeno establecemento comercial para prestar un servizo de calidade. O obxecto do documento é facilitar o cambio e a adaptación do comercio ás novas necesidades dos consumidores e que isto permita mellorar o seu posicionamento e competitividade no mercado. No que se refire ós aspectos fundamentais relativos á actitude do que debe ser un bo comerciante, ás variables claves nas que incidir e, en concreto, mellorar o servizo co fin de ofrecer ós seus clientes maior valor engadido. En conclusión, o Manual de Boas Prácticas pretende describir e explicar os requisitos necesarios que debe cumprir un pequeno comercio para prestar un servizo de calidade e acadar a excelencia.

Solicite xa o seu "Manual de boas prácticas para o pequeno comercio da Eurocidade Chaves-VerínGRATUÍTO en calquera instalación dos socios institucionais (Eurocidade e delegacións nos municipios de Chaves e Verín, ACISAT, AEVER, Antena Local de Verín, Procentro).

Manual de Boas Prácticas

web engineered by hostname.pt