Benvido ao Directorio Comercial da Eurocidade Chaves-Verín
A Eurocidade Chaves-Verín está a traballar na creación dunha Fronteira Comercial Aberta, coa que impulsar e incrementar as opcións de compra no pequeno comercio para os/as eurocidadáns e lograr unha maior fidelización de clientes, así como incentivar o atractivo das zonas comerciais na Eurocidade, creando espazos para ir de compras e lecer.
Por este motivo, pretendemos desde a Eurocidade, en colaboración con AEVER (Asociación de Empresarios de Verín, ACISAT (Associação Empresarial do Alto Tâmega), ProCentro (Associação para a Promoção do Centro Urbano de Chaves) e a Antena Local de Verín da Cámara de Comercio de Ourense, crear unha base de datos con información completa en diferentes idiomas, das empresas de comercio e servizos existentes na zona, o que permitirá o seu acceso por tipo de servizo- e facilita a súa explotación a través de material interactivo (páxina web da Eurocidade).
Unha iniciativa na que gustaría que participarán de modo activo, mediante a súa inscrición gratuíta neste directorio comercial.
Inscrición
Para inscribir o seu comercio o servizo o cambiar os datos da súa empresa, pode a través de calquera un dos seguintes modos:
1. Cubrir o formulario online: Formulario online
2. Descargar o formulario digital Formulario e o enviar o correo electrónico gat.mjoserivero@eurocidadechavesverin.eu
3. Achegándose o Gabinete de Apoio Técnico situado no Concello de Verín.
4. Achegándose o Edifício Polis, Ladeira da Trindade n.º 17 em Chaves
Nota: Todos/as participantes poden exercer o seu dereito de acceso de rectificación, cancelación e oposición dos seus datos no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade, situado no Concello de Verín -praza do Concello, nº 1 ou a través dos contactos que poden consultarse na páxina web: gl.eurocidadechavesverin.eu/contactos.
N.º actual de comercios e servizos no Directorio Comercial: 1056 empresas
ÚLTIMAS INSCRICIÓNS