logo

Compras na Eurocidade Chaves-Verín

A Eurocidade é un territorio orientado dende sempre ao sector terciario e un dos seus principais focos de actividade encontrámolo no comercio, que cumpre unha misión fundamental no mantemento e revitalización do espazo público sen esquecer a súa contribución ao desenvolvemento da economía local, ao constituírse como unha das principais fontes de xeración de riqueza e emprego en ambos os dous municipios.
Chaves
Compras en Chaves

Chaves é, sen dúbida, un verdadeiro centro comercial aberto, onde impera o comercio tradicional e as pequenas tendas familiares, que se estenden polas diversas arterias da cidade, con especial incidencia sobre as rúas Direita, Santo Antonio, Cândido dos Reis, Longras e Cândido Souto Maior. Ademais do comercio tradicional, destacan tamén os grandes almacéns da avenida Duarte Pacheco e o City Park, na avenida da Cocanha.
En Vidago, as principais zonas de comercio encóntranse ao longo da estrada nacional, na praza de Miguel de Carvalho, avenida Conde Caria e na rúa da Praza. Nestas zonas encóntranse tendas variadas, supermercados, paradas de taxis, quioscos, cafés e restaurantes, entre outros.

O horario comercial en Chaves e Vidago é de 09h00 a 13h00 e de 15h00 a 19h00. 
Verin
Compras en Verín

No casco histórico de Verín, atópase a zona comercial máis antiga da vila. As rúas Maior, Lisa, Cruz, Amaro Refoxo acollen os locais máis tradicionais. Nas principais arterias do municipio como as avenidas Luis Espada e de Portugal coexisten entidades financeiras, comercios, empresas de servizos e edificios administrativos. Nas rúas Laureano Peláez, Deputación e Irmáns Moreno, contamos cun larguísimo abano de posibilidades para cubrir as súas necesidades de ocio e consumo. A rúa peonil Montemaior conta cunha extensa oferta hostaleira, ideal para tomar un aperitivo e contemplar escaparates de moda e complementos.

O horario comercial na localidade de Verín é de 10h00 a 13h30 e de 16h30 a 20h30. 

FEIRAS

Feira de Chaves

Feira semanal onde se vende "un pouco de todo".
Días: todos os mércores. No caso de coincidir con día festivo, realízase no día anterior.
Horario: 7h00-15h00
Situación: Espazo feiral

Feira de Vidago

Feira semanal onde se comercializa cunha multitude de produtos variados.
Días: todos os martes. No caso de coincidir con día festivo, realízase no día posterior.
Horario: 7 h 00-15 h 00
Situación: Avenida Faria de Morais

Feira de Verín

Mercado típico que se realiza na zona antiga, con postos de venda dos seguintes produtos: roupa, calzado, complementos, antigüidades, mobiliario, plantas, froitas, verduras, peixe e carne. Á hora de comer as pulperías repártense por toda a vila para preparar o mellor polbo, con pota de cobre, tesoiras, táboa de madeira, o mellor aceite de oliva, pemento e sal gordo ao gusto do consumidor.
Días: 3, 11, 23. No caso de coincidir nun domingo ou festivo pásase para o día seguinte.
Horario: 9h00 a 14h00
Situación: Praza García Barbón e Praza de Alameda

Mercado Municipal de Chaves e de Vidago

O mercado é para a venda de xéneros e produtos alimenticios, a saber, carnes frescas e produtos cárnicos, peixes, bolería e produtos lácteos, flores, froitas, verduras, aves de curral, artesanía, bagatelas, vaixelas, roupa e calzado.
Horario: Aperturar ás 07h00 en verán e 08h00 en inverno. Peche ás 19h00 de luns a venres e 13h00 os sábados (Pechado os domingos e días festivos).

FESTIVOS EN 2014

Festivos comúns

1 de xaneiro -Ano Novo
18 de abril - Venres Santo
20 de abril - Domingo de Resurrección
1 de maio - Día do Traballador
15 de agosto - Día da Asunción da Virxe
8 de decembro- Día da Inmaculada Concepción
25 de decembro - Nadal

Festivos de España

6 de xaneiro - Reis Magos
17 de maio - Día das Letras Galegas (festivo rexional)
25 de xullo - Día de Galicia (festivo rexional)
12 de outubro - Día da Hispanidade
1 de novembro - Festa de Todos los Santos
6 de decembro - Día da Constitución

Festivo de Portugal

25 de abril - Día da Liberdade
10 de xuño - Día de Portugal

Festivos Municipais

17 de xaneiro -San Antón (Verín)
5 de marzo -Mércores de Cinza (Verín)
8 de xullo -1ª Incursión Monárquica (Chaves)

ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES

Associação Empresarial do Alto Tâmega (ACISAT)
Rua Coronel Bento Roma 1º
Apartado 113
5400-114 Chaves
Tel.: (+351) 276 332115
Fax: +351 276 318096
Asociación Empresarial de Verín (AEVER)
Centro Comercial Aberto
Rua Doutor Pedro González,
nº 5, bajo
Tel.: +34 988 414 289
Antena Local de Verín da Cámara de Comercio de Ourense
Praza do Concello, 1
32600 Verín
Tel: 988 41 00 00
Fax: 988 41 19 00
PROCENTRO - Associação para a Promoção do Centro Urbano de Chaves
Terreiro de Cavalaria, Edifício Posto de Turismo
5400-458 Chaves
web engineered by hostname.pt