logo

Campaña solidaria de Nadal ‘Espalle alegría na Eurocidade Chaves-Verín'

10-12-2012
 A Eurocidade Chaves-Verín, Câmara Municipal de Chaves e Concello de Verín asociáronse este ano á campaña solidaria de Nadal, levada a cabo por cuarto ano consecutivo por Gráfica Sinal e pola asociación xuvenil A Voz da Juventude, alargando á mesma ao outro lado da raia, e convertendo así a iniciativa nunha campaña de solidariedade inédita de cooperación transfronteiriza, que unirá dúas localidades e dúas linguas nun único obxectivo común, para axudar a familias necesitadas do territorio da Eurocidade.

Esta iniciativa solidaria busca involucrar a todos/as os/as veciños dun e doutro lado da raia, e concienciar as dúas poboacións da importancia de axudar nestas datas de Nadal aos/ás que menos teñen, sobre todo nestes tempos de crise económica nos que moitas persoas teñen dificultades para ter alimentos para a cea de Nadal.

Nesta campaña colaboran os supermercados verinenses Gadis, Rosymar, Eroski e Tiendas DyD, onde estarán carros solidarios para que os/as veciños/as podan depositar os seus alimentos. Pero ademais da recollida nos supermercados, están definidos outros puntos de entrega, que son: día 30 de novembro no Centro Escolar de Santa Cruz/Trindade, 3 de decembro no Jardim de Infância de Chaves, 5 de decembro na Escola de Vila Verde da Raia, 6 de decembro no Jardim de Infância de Nantes, e 7 de decembro na Escola e Jardim de Infância do Carneiro.

Ademais destes puntos, os/as verinenses e flavienses tamén poderán entregar alimentos durante a realización do Torneo de Fútbol Sala da Academia Pajé Team (16 de decembro, ás 15 horas, no Pavilhão Municipal de Chaves), e no partido entre o G.D. Chaves e o Mirandela, no mesmo día, ás 16 horas no Estádio Municipal. Así como no concerto de clausura da campaña por parte da Academia de Música Daniel Louro (27 de decembro, ás 22 horas, no Auditório do Centro Cultural de Chaves). A entrada para acceder a estas iniciativas será a entrega de alimentos non perecedoiros.

Por outra banda, e sen esquecer aos/ás nenos/as da Eurocidade, terá lugar ‘Cambie un xoguete por un piñeiro para o Nadal’, na que a poboación de Verín e Chaves que queran adornar as súas casas cun piñeiro natural, podan realizalo gratuitamente a cambio da entrega de xoguetes. Este cambio poderá facerse na sede da Eurocidade (antiga aduana de Feces de Abaixo), Loja Ponto Já e Gráfica Sinal. Esta iniciativa resulta do traballo da limpeza dos bosques do municipio de Chaves co obxectivo de evitar o risco de incendios e, simultaneamente, reallizar un aproveitamento dos árbores para levar o espírito natalicio ás casas dos flavienses e verinenses.

IMAXES

web engineered by hostname.pt