logo

Quen somos

A AECT é unha Agrupación de entes territoriais dotada de personalidade xurídica, que ten por obxectivo facilitar e fomentar entre os seus membros a cooperación transfronteiriza, transnacional e/ou interrexional, denominada «cooperación territorial», co fin exclusivo de reforzar a cohesión económica, social e territorial (conforme ao artigo 175 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea).

A Eurocidade Chaves-Verín como AECT visa a posta en común dos recursos, a través do plan e xestión conxunta de servizos e equipamentos dos municipios fronteirizos de Verín e de Chaves na Rexión Norte de Portugal. As intervencións, próximas aos cidadáns, pretenden promover a converxencia institucional, económica, social, cultural e ambiental entre dúas cidades que pasan a utilizar o efecto fronteira como unha oportunidade de desenvolvemento territorial e socioeconómico, potenciando a utilización de servizos comúns como instrumento dinamizador da convivencia entre as poboacións de ambos os dous territorios.


Membros

Participan na Eurocidade Chaves-Verín, AECT, por parte española o Municipio de Verín (provincia de Ourense, Comunidade Autónoma da Galicia) e por parte portuguesa o Municipio de Chaves, na rexión Norte de Portugal.

Órganos do Goberno

Composición da Mesa da Asemblea Xeral 

Presidente: António Cândido Monteiro Cabeleira
Secretario: Pablo Manuel Rivera Búa

Membros da Asamblea Xeral 2015

António Cândido Monteiro Cabeleira
Presidente da Cámara Municipal de Chaves - PSD

Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde do Concello de Verín - PSG/PSOE

Carlos Augusto Castanheira Penas
Vicepresidente da Cámara Municipal de Chaves - PSD

Paulo Francisco Teixeira Alves
Concelleiro da Câmara Municipal de Chaves - PSD

João Carlos Alves Neves
Concelleiro da Câmara Municipal de Chaves - MI

Diego Lourenzo Moura
Tenente-Alcalde do Concello de Verín - BNG

José Luis Martín
Concelleiro do Concello de Verín - PSG/PSOE

Purificación Caldelas
Concelleiro do Concello de Verín - BNG

Órgano executivo

Director: 
Gerardo Seoane Fidalgo

Consello Asesor

Xunta da Galicia
Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte
Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular
Deputación de Ourense
Comunidade Intermunicipal do Alto Tâmega
web engineered by hostname.pt