logo

Que facemos

Obxectivo principal

A Eurocidade Chaves-Verín, AECT ten como obxectivo promover a cooperación territorial entre os seus membros co fin de contribuír ao desenvolvemento e reforzar a cohesión económica e social dos respectivos territorios en distintos ámbitos concretos de actuación que se estenden, entre outros, aos campos da cultura, deporte, educación, entretemento, ordenación do territorio, patrimonio, protección civil, saúde, turismo, aproveitamento conxunto e protección do río Támega, do medio e dos recursos naturais.

Principais funcións

  1. Elaborar, deseñar, presentar, coordinar, dirixir e executar os programas e proxectos de cooperación territorial cofinanciados pola Comunidade, en particular con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e/ao Fondo de Cohesión;
  2. Elaborar, deseñar, presentar, coordinar, dirixir e executar os programas, proxectos e accións específicas de cooperación territorial entre os seus membros e sempre dentro do marco do obxectivo de reforzar a cohesión económica e social, con ou sen contribución financeira da Comunidade.
  3. Realización de obras públicas, a xestión común de equipamentos e a explotación de servizos de interese xeral, que se institúan como consecuencia do seu funcionamento, sexa directamente polos seus propios medios, sexa con recurso aos medios dispoñibles ao efecto polas administracións membros da AECT, sexa incluso a través da súa licitación e contratación.

A Eurocidade Chaves-Verín AECT, un caso de éxito na cooperación transfronteiriza

web engineered by hostname.pt