logo

Sede da Eurocidade Chaves-Verín

Sede da Eurocidade Chaves-Verín
A localización da sede da Eurocidade, na antiga alfándega española non é casual, senón simbólica. Unha estrutura que xa foi sinónimo de separación agora é o punto de referencia da unión de ambos os municipios e o núcleo da Eurocidade.

Un espazo público destinado aos eurocidadáns, que facilita información, servizos, programas e outros do teu interese.

¡Vén visitarnos, estamos á túa espera!



Servizos
  • Xanela da Eurocidade Chaves-Verín: punto de referencia para aqueles que buscan información sobre a Eurocidade e do municipio veciño e outros servizos de información (actividades e eventos organizados pola Eurocidade, emprego de frontera, comercio, etc.).
  • Auditorio para 80 persoas.
  • Sala de reunións.
  • Sala de formación.
  • Sala de exposicións.
  • Biblioteca: literatura galega, española e portuguesa.
  • Rede sen fios WIFI.
  • Posto emisor da tarxeta eurociudadano.
  • Oficina de Información Turística da Eurocidade Chaves-Verín.
  • Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil: máis información aquí
  • Local de Ensaios Musical de Xuventude: máis información aquí
  • Centro de Documentación da RIET (en Chaves): máis información aquí

Se queres gozar de calquera destes espazos, solicítanos a través dos contactos da Eurocidade.


Localización

Antiga Aduana Española
Avda. Portugal, Feces de Abaixo
32699 Verín - Ourense
ESPAÑA
Tel.: (+34) 988 416 017
Fax: (+34) 988 426 644
Mov: (+34) 608 913 048
Email: info@eurocidadechavesverin.eu


Horario de atención al público

10h00-17h30 (hora española)
Luns a venres.


Transportes – servizo regular

AUTOVIAÇÃO DO TÂMEGA

Chaves – Vila Verde da Raia (Fronteira)
Saídas: 8h00, 10h00, 12h00, 13h30, 17h00 (hora portuguesa)
Chegadas: 8h20, 10h20 12h20 13h50 17h20 (hora portuguesa)

Vila Verde da Raia (Fronteira) - Chaves
Saídas: 8h20, 10h20, 12h20, 13h50, 17h20 (hora portuguesa)
Chegadas: 8h40, 10h40 12h40 14h10 17h40 (hora portuguesa)

Durante o verán non existe servizo ás 13h30 de Chaves ou 13h50 de Vila Verde da Raia.

Estación de autobuses de Chaves: +351 276 332 352

MONBÚS

Horario época escolar

Verín (Estación de Autobuses) – Feces de Abaixo
Saída: 12h30 (hora española)
Chegada: 12h39 (hora española)

Feces de Abaixo - Verín (Estación de Autobuses)
Saída: 12h50 (hora española)
Chegada: 12h59 (hora española)

Horario verán

Verín (Estación de Autobuses) – Feces de Abaixo
Saída: 9h30 (hora española)
Chegada: 9h39 (hora española)

Feces de Abaixo - Verín (Estación de Autobuses)
Saída: 9h50 (hora española)
Chegada: 9h59 (hora española)

Estación de autobuses de Verín: +34 988 411 994

Transporte Urbano Transfronteirizo Chaves-Verín (TUT)

A partir do día 09 de agosto de 2019 estará dispoñible o servizo ocasional de Transporte Urbano Transfronteirizo Chaves-Verín (TUT). Este servizo estará vixente ata o dia 30 de novembro de 2020.

O Transporte Urbano Transfronteirizo Chaves-Verín (TUT) ten como obxectivo por a disposición dos eurocidadáns un servizo de transporte nos días de maior necesidade de mobilidade transfronteiriza,concretamente, nos das de feira das cidades de Chaves e Verín e nos días de realización dos principais eventos dos dous municipios. Este servizo é gratuito.

Esta acción está enmarcada no proxecto EUROCIDADE2020, aprobado polo Programa INTERREG V-A España- Portugal (POCTEP) 2014-2020, coa cofinanciación do FEDER.

Adquisición de billetes: poderán solicitar o seu billete online mediante a páxina web da  Autoviação do Tâmega (avtamega.com). Os billetes tamén poderán ser adquiridos no propio bus ao inicio do servizo e durante as paradas intermedias,  se houbese dispoñibilidade de prazas.





Itinerario do servizo (paradas)

Sentido Norte-Sur
1. Estación de autobuses de Verín (Rúa Espido).
2. Queizás (N532)
3. Mourazos (N532) 
4. Tamaguelos (N532)
5. Terrón (N532)
6. Feces de Abaixo  (Eurocidade Chaves-Verín)
7. Vila Verde da Raia (Correios)
8. Madalena EN2 Km0
9. Av. D. Afonso Duque de Bragança (E-Leclerc)
10. Hospital de Chaves 
11. Estación de autobuses de Chaves (Largo da Estação)

Sentido Sur-Norte
1. Estación de autobuses de Chaves (Largo da Estação)
2. Hospital de Chaves
3. Av. D. Afonso Duque de Bragança (E-Leclerc) 
4. Madalena EN2 Km0
5. Vila Verde da Raia (Correios)
6. Feces de Abaixo  (Eurocidade Chaves-Verín)
7. Terrón (N532)
8. Tamaguelos (N532)
9. Mourazos (N532)
10. Queizás (N532)
11. Estación de autobuses de Verín (Rúa Espido).
web engineered by hostname.pt