logo

EMPREGO NA EUROCIDADE

OFERTA DE 8 PRAZAS DE EMPREGO PARA A EXECUCIÓN DOS PROXECTOS EUROCIDADE 2020 E DESTINO_FRONTERA, APROBADOS POLO PROGRAMA INTERREG V-A ESPAÑA-PORTUGAL 2014-2020 (POCTEP)

- Xefe de gabinete de proxectos europeos (1 praza)
- Técnico/a xestión de proxectos europeos (1 praza)
- Técnico/a informático(1 praza)
- Administrativo/a (1 praza)
- Informador/a turístico/a A (4 prazas)

Método de selección
CV cos requisitos e méritos esixidos; entrevista persoal (castelán, portugués, inglés). 60% Entrevista + 40% CV.

Prazo limite de presentación das solicitudes
O 7 de xullo de 2017, 18h (GMT + 1) é a data límite de recepción das solicitudes.

Duración e tipo de contrato
Ata o 31 decembro de 2019, con posibilidade de prorroga, no marco do programa INTERREG V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP). Incorporación inmediata. Por obra e servizo determinado.

Forma de contacto
As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes por correo electrónico a info@eurocidadechavesverin.eu ou por correo certificado a Eurocidade Chaves-Verín, AECT Antiga Aduana Española, Av. Portugal, SN. Feces de Abaixo, 32699 Verín (Ourense), España.

AVISO
Durante o prazo de recepción das solicitudes non será obrigatorio que a documentación esixida para a admisión séa cotexada, pode ser copia en soporte papel ou dixitalizada. Máis tarde, durante as entrevistas, as copias serán cotexadas presencialmente por os servizos da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín.

PUBLICACIÓN DA LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
Os candidatos excluídos teñen un período de tres (3) días naturais para efectos de reclamacións a partir da data de publicación da lista provisional, utilizando o modelo que figura no anexo 3.
O anexo 3 (modelo de reclamacións ) debe ser debidamente cuberto, asinado e enviado ao seguinte correo electrónico: info@eurocidadechavesverin.eu

2ª FASE DO PROCESO DE SELECCIÓN

LUGAR: Feces de Abaixo, SEDE Eurocidade Chaves-Verín AECT (TIME España)

DÍA 14/7 (16h00 ES): publicación do listado definitiva de admitidos no proceso
DÍA 19/7 (09h00-14h30 ES) primeira quenda/(15h30 - 20h30 ES) segunda quenda: probas de idiomas

          1ª quenda: candidatos con o ID de 01 a 32
          2ª quenda: candidatos con o ID de 01 a 58

Con independencia da posición de concorrir, os candidatos deben ser examinados para inglés e castelán ou portugués, dependendo da nacionalidade.

ACLARACIÓN PROBAS DE IDIOMA
1. Todas as persoas deberán efectuar unha proba escrita (9h00 ou 15h30, hora española, segundo o ID atribuído) e unha proba oral de inglés (Hora estimada de acordo co horario das probas de idiomas).
2. Persoas con nacionalidade española deberán efectuar unha proba escrita (9h30 ou 16h00, hora español, segundo o ID atribuído) e un proba oral de portugués (Hora estimada de acordo co horario das probas de idiomas).
3. Persoas con nacionalidade portuguesa deberán efectuar unha proba escrita (9:30 e 16h00, hora española, segundo o ID atribuído) e unha proba oral español (Hora estimada de acordo co horario das probas de idiomas).

OFERTAS DE EMPREGO


Instituto de Emprego e Formação Profissional: proporciona o acceso a ofertas de emprego tramitadas pólo servizo público de emprego de Portugal



Portal Servizo Público de Emprego de Galicia: proporciona o acceso a ofertas de emprego publicadas pólo servizo público de emprego de Galicia.



Portal RED TRABAJ@: proporciona o acceso a ofertas de emprego publicadas polo servizo público de emprego estatal de España



Portal EURES: proporciona o acceso a ofertas de emprego publicadas polos servizos públicos de emprego dos países do espazo económico europeo.

TRABALLADOR FRONTEIRIZO


En virtude da normativa comunitaria, o termo "traballador fronteirizo" designa a todo traballador que desempeñe o seu labor no territorio dun Estado membro e resida no territorio doutro Estado membro, ao que regresa en principio cada día ou polo menos unha vez por semana. Con todo, esta definición, que ademais dos elementos intrínsecos de desprazamento desde o domicilio ao traballo a través dunha fronteira conserva a condición temporal do regreso cotián ou semanal ao domicilio, só se aplica á protección social dos traballadores afectados no interior da Unión Europea.
Unha vez finalizado o contrato de traballo, antes de regresar ao seu país de orixe é importante regularizar a súa situación no país de traballo na Seguridade Social. Tamén debe solicitar:

  • os modelos E301 e E303 na Seguridade Social para poder recibir o seu subsidio de desemprego no seu país de residencia, e
  • o modelo E205, coa historia dos descontos, no país, da entidade de traballo.

No ámbito fiscal, os convenios bilaterais de dobre tributación, determinan o réxime tributario dos traballadores fronteirizos. No caso das relacións entre España e Portugal, non hai unha zona fronteiriza, sendo a tributación no Estado de residencia.

ENDEREZOS ÚTILES

Centros de Emprego da Eurocidade


Centro de Emprego de Chaves - IEFP
Rua Bispo Idácio, 50
5400-303 Chaves
Tel.: +351 276 340 330
Fax: +351 276 340 338

Oficina de Emprego de Verín
Estr. Castilla, 30 Baixo
36200 Verín
Tel.: +34 988 410 703

Impostos


Serviço de Finanças de Chaves
Av. Pedro Álvares Cabral - Edifício Angola
5400-304 Chaves
Tel.: +351 276 333 650
Fax: +351 276 332 703
rf2380@dgci.min-financas.pt

Axencia Tributaria de Verín
Rúa Colón, 2
32600 Verín
Tel.: +34 988 411 510
Fax: +34 988 413 022

Seguridade Social


Serviço Local de Chaves do Centro Distrital de Segurança Social de Vila Real
Rua Enfermeiro Carvalho - Campo da Feira
5400-159 Chaves
Tel.: +351 276 301 720
Fax: +351 276 340 139
CDSSVReal@seg-social.pt

Centro de Atención e Información Comarcal n.º 4 - Seguridade Social

Rúa Diputación, 25
32600 Verín
Tel.: +34 988 410 253
Fax: +34 988 412 386

A REDE EURES


Creada en 1993, EURES é unha rede de cooperación entre a Comisión Europea e os servizos públicos de emprego europeos dos Estados membros e outras organizacións asociadas. O propósito de EURES é facilitar información, asesoramento e contratación/colocación (procura de emprego) aos traballadores e empresarios, así como a calquera cidadán que desexe beneficiarse do principio da libre circulación das persoas.
Nas rexións fronteirizas de Europa EURES ten unha importante misión que cumprir para informar e axudar a resolver os problemas de todo tipo que poidan experimentar os traballadores que cruzan a diario a fronteira e as empresas nas que traballan.

EURES Transfronterizo Galicia-Norte Portugal


Dentro desta rede, EURES Transfronterizo Galicia-Norte Portugal, foi creado para dar información específica ligada á mobilidade fronteiriza de traballadores e empresarios nesta Eurorrexión. O Servizo EURES Transfronteirizo:

  • Facilita o acceso á información sobre ofertas e demandas de emprego na área fronteiriza Galicia-Norte de Portugal;
  • Informa sobre lexislación dos dous países en materia laboral, fiscal, social...;
  • Proporciona elementos informativos sobre condicións de vida e de traballo a ambos lados da fronteira;
  • Orienta en materia de formación e prácticas profesionais na rexión fronteiriza.


Coordinadora
Teresa Gonzàlez Ventin
Ed. Antiga Alfândega
Avenida de Espanha
4930-667 Valença
Tel.: +351.251.82.61.05
Fax: +351.251.82.61.04
teresa.ventin@iefp.pt

Conselleiros EURES


Os conselleiros EURES son especialistas formados que prestan os tres servizos básicos de EURES de información, orientación e colocación, tanto aos solicitantes de emprego como aos empresarios interesados no mercado laboral europeo. adquiriron coñecementos especializados en cuestións prácticas, xurídicas e administrativas relacionadas coa mobilidade a escala nacional e transfronteiriza. Traballan no marco do servizo público de emprego de cada Estado membro ou doutras organizacións asociadas na rede EURES.

Conselleiros Eures na Eurocidade Chaves-Verín:

Manuel Tomás Gonçalves
Centro de Emprego de Chaves - IEFP
Rua Bispo Idácio, 50
5400-303 Chaves
Tel.: +351 276 32 67 70
Fax: +351 276 34 03 38
tomas.goncalves@iefp.pt

Susana Melo
Associação Empresarial do Alto Tâmega (ACISAT)
Rua Coronel Bento Roma
5400-114 Chaves
Tel.: +351 276 33 21 15
Fax: +351 276 33 21 15
acisat@mail.telepac.pt

Manuel Iglesias
Oficina de Emprego de Ourense
R/ Progreso, 11 baixo
32003 Ourense
Tel.: +34 988 22 26 36
Fax: +34 988 22 26 41
eures-ourense.iglesias@sepe.es

web engineered by hostname.pt