logo

REDES EUROPEAS DE COOPERACIÓN TERRITORIAL

Nun contexto de construción europea, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín, desde a súa constitución en 2013, integra varias redes europeas de cooperación territorial, cuxo principal obxectivo é construír unha Europa cohesionada e traballar xuntos en cuestións e problemas comúns.
Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular: Asociación transfronteirizo de Municipios, sen ánimo de lucro, que configuran o sistema urbano da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas de Cooperación (RIET): Asociación transfronteiriza de cooperación territorial formada por organizacións de proximidade, da fronteira de España e de Portugal, no marco do Tratado de Valencia, que desenvolvan o seu traballo, xenérico ou específico, no ámbito da cooperación transfronteiriza.
Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal: Creada en 1991 polo Goberno Rexional de Galicia e pola Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte para o mellor aproveitamento das potencialidades conxuntas das dúas rexións, a CTGNP ten coordinado iniciativas e desenvolvido proxectos de cooperación transfronteiriza con resultados tanxibles en termos de infraestrutura, equipamentos, pero tamén en torno a proxectos e iniciativas de investigación, protección ambiental ou integración social e institucional.
Comité das Rexións Europeo (CR): Asemblea consultiva dos representantes locais e rexionais da Unión Europea (UE), que representa o punto de vista dos órganos de poder infranacionais (isto é, rexións, condados, provincias, municipios e cidades) no marco institucional da UE.
Asociación Europea de Villas Históricas Termais (EHTTA): asociación que representa as cidades históricas termais en toda Europa e é certificado polo Consello de Europa para xestionar a Ruta Europea de Cidades Históricas Termais, como parte do programa de Rutas Culturais do Consello de Europa.
web engineered by hostname.pt