O BTT Club de Chaves está organizando, una vez máis, unha nova
edición da “Rota do Presunto” que este ano terá lugar o 18
de setembro.
Na roda de prensa do pasado día 5, foi presentado o evento, que xa
celebra a súa sétima edición e o cal, por segundo ano consecutivo,
conta coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín, principal
promotora da maratón.
A “Rota do Presunto” é xa un evento deportivo con grande impacto no
que a participación se refire na cidade de Chaves. O ano pasado
contou con máis de 1.072 persoas, que viñeron de diferentes
localidades de Portugal e de España.
Os participantes poderán escoller un dos tres recorridos -
maratón, media maratón y mini maratón – con distancias
aproximadas de 90 km, 50km y 25km.
O recorrido desenrolarase en territorio portugués
español, promovendo de esta forma a converxencia deportiva,
cultural e ambiental entre as cidades de Chaves e de Verín.
As inscricións atópanse abertas no site www.bttclubedechaves.net ata
o día 12 de setembro e inclúe dorsal, xersei,
avituallamento ao largo do percorrido, seguro de accidentes e
comida de confraternización.
os acompañantes non foron esquecidos pola organización e ese día
haberá actividades de animación, como unha andaina en colaboración
coa asociación de camiñantes de Chaves.
Recordar que a Eurocidade Chaves-Verín leva feito diversas
interaccións, dirixidas aos cidadáns, que pretenden promover a
converxencia institucional, económica, social, cultural e ambiental
entre as dúas cidades que pasan a utilizar a fronteira como unha
oportunidade de desenrolo territorial e socioeconómico , promovendo
a utilización de servizos comúns como instrumento dinamizador da
convivencia entre a poboación Chaves e Verín.
A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación
transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación
Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación
financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).