logo

Curso de español de conversa

O Instituto Portugués do Deporte e da Xuventude (IPDJ) - Dirección Rexional do Norte, no marco do proxecto Eurocidade 2020, aprobado polo programa INTERREG V-A España 2014-2020, fomentará a realización do curso de conversa de lingua española impartido por Asociación Empresarial Alto Támega (ACISAT) e durará 50 horas.

Esta acción terá lugar do 23 setembro ao 9 de outubro, de luns a venres, de 14h00 a 18h00, na Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil da Eurocidade Chaves-Verin, Avda. Portugal, Feces de Abaixo (antigo edifício aduaneiro).

Este curso é gratuíto e está dirixido a mozos do norte de Portugal e de Galicia (estudantes, mozos que buscan 1º emprego, desempregados, traballadores turísticos, traballadores xuvenís, líderes asociativos novos, profesionais hoteis e de hostalaría) etc), con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, coa educación obrigatoria completada.

A inscrición está limitada a un máximo de 20 participantes e está aberta ata o 23 de setembro.
Inscripcións:
https://pt.surveymonkey.com/r/MY7P8MM?fbclid=IwAR0wwPr9QNH8ou6iwEwpug3Xy02ulOM7_zjasuEKZU7lwrCvmd8ZEgHIwpE

Para máis información, os mozos interesados deberán contactar cos servizos do IPDJ da Dirección Rexional do Norte ou a través do correo electrónico: alcidio.jesus@ipdj.pt emilia.martins@ipdj.pt ou angela.pereira@ipdj.pt

Contidos do programa:
  • Información persoal e vida cotiá
  • Compras, transporte e servizos
  • Lugares de interese turístico e actividades de lecer
web engineered by hostname.pt