A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, convoca un campo de traballo transfronteirizo no marco do proxecto europeo Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP).
Finalidade: promover e estimular o espírito emprendedor da mocidade galega e portuguesa a través de novos métodos formativos de autoestima baseados en “aprender facendo”.
Destinatarios/as: mozos e mozas galegos/as e portugueses/as con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, ambas inclusive.
Cobertura:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple;
- Transporte no ámbito da actividade;
- Equipos técnicos;
- Acompañamento por equipo técnico.
O mozo ou moza non fará ningún tipo de achega económica ao programa, só o que se refire ao desprazamento ocasionado desde o seu domicilio ata a zona transfronteiriza Chaves-Verín.
Número de prazas: 10
Datas de realización: do 15 ao 21 de outubro de 2018
Entrada: 15 de outubro a partir das 12:00 horas
Saída: día 21 de outubro antes das 14:00 horas
Localización:
Eurocidade Chaves-Verín
Edificio Antiga aduana
Avda. Portugal, s/n Feces de Abaixo
32699 Verín – Ourense
Selección: por estrita orde de reserva de praza.
Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Recibido o correo electrónico de selección, deberá remitir a ese mesmo correo unha copia do Documento Nacional de Identidade.
Prazo de inscrición: do día 25 de setembro ao 10 de outubro do 2018 ás 14 horas, ambos inclusive.
Formulario de inscrición
Formulario de inscrición
web engineered by hostname.pt