logo

INICIATIVA FORMATIVA "COMUNICACIÓN E TURISMO NO RURAL"

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca a actividade formativa “Comunicación e Turismo” no marco do proxecto Eurocidade_2020.

Obxectivos
Trátase dunha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que queiran compartir experiencias no sector da comunicación e innovación turística, coa intención de promover e estimular o turismo na rexión.

Os obxectivos específicos desta actividade son:
- Facilitar aos mozos/as participantes a súa orientación profesional e inserción laboral, ofrecéndolle apoio para a creación da súa propia empresa, para materializar un proxecto de emprego/empresa nos territorios de actuación, beneficiándose dos privilexios das zonas rurais.
- Apoiar aos mozos e mozas a coñecer e valorar o territorio, para reforzar as súas señas de identidade e despertar o seu interese por asentarse profesionalmente no mesmo e contribuír ao seu desenvolvemento.
- Impulsar a promoción de territorios rurais.
-Promover e estimular o turismo na Eurorexión

Destinatarios/as: mozos e mozas galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, ambas inclusive.
Prazas: 25 prazas
Datas: 20 e 21 de xuño de 2018
Lugar de realización: Eurocidade Chaves-Verín. Avda. Portugal, Feces de Abaixo. 32699 Verín – Ourense

Programa provisional
20 de xuño de 2018: Comunicación e Turismo
11: 45 h Chegada das persoas participantes.
12:00 h Recomendacións de comunicación para as iniciativas no rural:
Comunicación en situacións de crise e estrategias para a mellor da imaxe na rede. Casos prácticos.
Empresas que comunican directamente para vender os seus produtos e atraer visitantes: recomendacións e casos prácticos.
Ponente: David González, xornalista e codirector de Campo Galego.
13:00 h Obradoiro “Casos prácticos”.
14:00 h Xantar
17:00 – 21:00 h: visitas a iniciativas emprendedoras da zona.
22:00 h: cea.
21 de xuño de 2018. Modelos de atractivos turísticos no rural.
10:00 h Experiencias emprendedoras de turismo vitícola no rural: recomendacións e casos prácticos.
Ponente: Laura Rodríguez, xornalista de Campo Galego.
12:00 h Pausa café.
12:30 h Obradoiro “Do emprendemento no rural ao turismo: oportunidades e aspectos clave a ter en conta”.
13:30 h Conclusións.
14:00 h Xantar.
16:00 h Visita á ADEGA “Couto Mixto”- Mandín (Oimbra).
19:00 h Visita á Adega “Crego e Monaguillo”
22:00 h: Cea

Inscrición: mediante formulario electrónico
Prazo de inscrición: do 7 ata o 14 de xuño de 2018.
Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas . Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres  días seguintes, entenderase que non obtivo praza .
Cobertura:
Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple*
Transporte no ámbito da actividade (realización das visitas ás empresas)
* Os mozos e mozas do concello de Verín e Chaves terán cuberta a manutención pero non o aloxamanto.

LOPD
Será por conta da persoa participante o traslado ata as dependencias da Eurocidade Chaves-Verín.
Cumprimento da normativa de protección de datos: en cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de 3 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos persoais facilitados polos participantes para esta convocatoria serán susceptibles de tratamento estrictamente confidencial, con finalidades técnicas, nun ficheiro cuxo responsable é a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, autorizando todos e cada un dos participantes no programa para facer uso dos datos persoais con ditos fins.
Os datos persoais aos que fai referencia a presente convocatoria son de necesario cumprimento, sendo a súa principal finalidade a selección e desenvolvemento do programa. Calquera outro uso dos datos persoais distinto aos mencionados, requirirá previo e expreso consentimento deste.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo dos datos de carácter persoal e adoptará todas as medidas técnicas e de seguridade para asegurar a confidencialidade dos devanditos datos, así como evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, habida conta, en todo momento, do estado da tecnoloxía.
Os participantes poderán acceder ao devandito ficheiro en calquera momento e exercer os seus dereitos de modificación, rectificación e/ou cancelación destes, coa simple comunicación por escrito á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Proxecto Eurocidade_2020
O proxecto Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible.
Socios do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa;Instituto Portugués do Desporto e da Juventud (IPDJ); Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.

web engineered by hostname.pt