logo

MEETING JAM

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta da Galicia convoca a actividade Meeting Jam no marco do proxecto europeo Eurocidade_2020 que se enmarca no programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) que ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible.

Meeting Jam ten por obxecto a conformación dunha actividade de dinamización transfronteiriza do local de ensaio da Eurocidade Chaves-Verín, situado no edificio da antiga alfándega española, en Feces de Abaixo.
A actividade consiste nun Brainstorming para mellorar o aproveitamento dos locais de ensaio e configurar unha programación para os mesmos para desenvolver proxectos comúns entre os grupos musicais da Eurocidade. Rematará cunha improvisación musical con propostas no eido musical onde se poidan crear sinerxías creativas no marco da cooperación transfronteiriza cultural a través da música.


Destinatarios: mozos e mozas da Eurocidade con grupos musicais en activo ou en formación.
Lugar de realización: Local de Ensaios da Eurocidade Chaves-Verín
Prazas: sen límite

PROGRAMA 16/12/2017

16h00 Recepción dos grupos
16h30 Debate Transfronteirizo: Locais de Ensaio
Brainstorming para un mellor aproveitamento dos locais de ensaio
Melloras técnicas e musicais
Programación de Proxectos Musicais 2018-19
Boas prácticas dos Locais de Ensaio
17h30 Workshop: Música sen fronteiras - Improvisación musical
web engineered by hostname.pt