A Eurocidade Chaves Verín promove, por cuarto ano consecutivo, o
programa ‘Convive coas Linguas’. Unha iniciativa entre os dous
municipios transfronteirizos mediante a que, a través da
realización de actividades lúdicas e educativas, se fomenta o
aprendizaxe do castelán, galego e portugués; así como a convivencia
entre máis de 400 nenos/as de Verín e Chaves, con idades
comprendidas entre os 7 e 14 anos.
Tenis, Fútbol-Sala, Fútbol-7, Pádel, Baloncesto, visitas a parques
botánicos, golf, cine, piscina, música ou xogos de praia son
algunhas das actividades previstas para os/as nenos/as no programa
'Convive coas Linguas'. Estas actividades terán lugar desde o 4 de
xullo ao 31 de agosto, en horario de 10 a 13.30 (hora local) os
luns e xoves -xornadas nas que os/as nenos/as de Chaves acoden a
Verín- e de 9 a 13 (hora local) os martes e venres -os/as nenos/as
de Verín desprázanse a Chaves-. Os días 25 de xullo e 15 de agosto
(festivos en Verín) e o 8 de xullo (non laboral en Chaves) no se
realizará ningunha das actividades previstas neste programa.