Os días 16,17 de Novembro (Chaves) e 14,15
de Novembro (Verín) terá lugar a III Semana da Educación e
Seguridade Viaria.
Esta actividade arrancará con unha exposición de “Material
Didáctico sobre seguridade viaria” e co Seminario Internacional
“VII Xornadas de Seguridade, Hixiene e Saúde no Traballo
(Seguridade sen Fronteiras)” unha iniciativa que ten como
obxectivo promover conxuntamente, nas dúas cidades, a educación e
seguridade viaria.
Seguirán Exhibición de Medios das forzas de orde e seguridade
de ambos Municipios (Guarda Nacional Republicana, Polícia de
Segurança Pública e Bombeiros de Chaves, Xefatura Provincial de
Tráfico, A.G.C. Tráfico de Verín, Policía Local de Verín, Guardia
Civil de Verín, Cruz Vermella Monterrei, Consorcio Contra Incendios
e Salvamento da Comarca de Verín), circuítos de karts, simulacros
de excarcelacións…para todos os nenos participantes das escolas de
Chaves e de Verín co fin de sensibilizar aos máis pequenos sobre
educación e seguridade viaria.