logo

XORNADA FORMATIVA MEDIO AMBIENTE E TURISMO SOSTIBLE” EUROCIDADE_2020

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca a actividade formativa “Medio ambiente e turismo sostible” no marco do proxecto Eurocidade_2020.

Obxectivos: Trátase dunha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que queiran compartir experiencias no sector do medioambiente e o turismo sostible, coa finalidade de promover e estimular o turismo sostible na Eurorrexión.

Os obxectivos específicos desta actividade son:
- Apoiar aos mozos e mozas a coñecer e valorar o territorio, para reforzar os seus sinais de identidade e despertar o seu interese por asentarse profesionalmente no mesmo e contribuír ao seu desenvolvemento.
- Impulsar a promoción de territorios rurais.
- Promover e estimular o turismo sostible  na Eurorrexión.

Destinatarios/as: mozos e mozas  galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, ambas inclusive.
Prazas: 30 prazas
Datas: 25 e 27 de setembro de 2019
Lugar de realización: Eurocidade Chaves-Verín. Avda. Portugal, Feces de Abaixo. 32699 Verín –Ourense



Programa provisional

25 de setembro de 2019
11: 30 h Recepción dos participantes e presentación do programa.
12:00 h Medioambiente e turismo sostible. Exemplos reais e eficaces.
13:30 h Finalización das actividades da mañá.
14:00 h Xantar
16:00 h Saída vivencial cara “Pedras Salgadas Spa & Nature Park” no Parque Pedras Salgadas (Bornes de Aguiar).
19:00 h Actividade dinámica de despedida da xornada.

26 de setembro de 2019
09:30 h Actividades lúdico didácticas sobre turismo sostible.
11:00 h Visita á Casa Rural O Retiro do Conde (Vilaza).
14:00 h Xantar.
16:00 h Roteiro interpretado “Os lagares rupestres de Oímbra”. Temática medioambinetal e etnográfica.
18:00 h Visita á Adega das Barrocas (Oímbra)
19:00 h Actividade dinámica de despedida da xornada.

27 de setembro de 2019
10:00 h Visita á Quinta da Mata (Chaves)
13:30 h Conclusión e despedida

Inscrición:
mediante formulario electrónico
Prazo de inscrición: do 6 ao 19 de setembro de 2019.

Admisión:
será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres días seguintes, entenderase que non obtivo praza .

Cobertura:
- Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple*
- Transporte no ámbito da actividade (realización das visitas ás empresas)
* Os mozos e mozas do concello de Verín e Chaves terán cuberta a manutención pero non o aloxamento.

Será por conta da persoa participante: O traslado ata as dependencias da Eurocidade Chaves-Verín.

O proxecto Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible.

Socios do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa; Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ); Federação Nacional de Associações Juvenis Portuguesa (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.
web engineered by hostname.pt