logo

Emprendemento nas zonas rurais

02-07-2019
A Federación Nacional de Asociacións Xuvenís de Portugal (FNAJ), en colaboración coa Eurocidade Chaves-Verín, AECT, celebrará o próximo dia 13 de xullo, na sede de Eurocidade, antigo edificio aduaneiro español en Feces de Abaixo una formación en emprendemento en zonas rurais. Esta acción desenvólvese no marco do proxecto EUROCIDADE 2020, aprobado polo Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, co cofinanciamento FEDER.

Destinatarios: Dirixentes dos órganos sociais e membros de asociacións e federacións de mozos
Obxectivos xerais: a través de metodoloxías de educación non formal analizaranse os conceptos de emprendedores sociais e formas de poñelas en práctica. Formalizar propostas sobre como cada persoa pode converterse nun axente do cambio.

Contidos do programa:
1. Como ser un axente de cambio nas zonas rurais;
2. Manual para transformar o mundo;
3. Ideas prácticas para as empresas nas zonas rurais;
4. Oportunidades de negocio no mundo rural.

Data: 13 de xullo de 2019
Comeza ás: 09h30 (hora de Portugal continental)
Finaliza ás: 18h30 (hora de Portugal continental)
web engineered by hostname.pt