logo

XI Maratona BTT - Rota do Presunto 2015

O día 12 e 13 de setembro de 2015 terá lugar en Chaves a XI Maratona BTT Rota do Presunto 2015, con organización conxunta do BTT Club de Chaves e do Concello de Chaves e apoio da Eurocidade Chaves-Verín.

A beleza da rexión, a calidade dos percorridos, o servizo de excelencia da organización e as características únicas deste evento fan que, a XI Maratona BTT Rota do Presunto 2015 sexa tamén a 5ª Proba puntuable para a COPA DE PORTUGAL XCM 2015.

A XI Maratona BTT Rota do Presunto 2015 será constituída por 3 circuitos distinguidos:
- Percorrido Maratón Elite (100 Km), con desnivel acumulado de 2293 m;
- Percorrido Maratón Curta (75 km), con desnivel acumulado de 1672 m;
- Percorrido Media Maratona (45 km), con desnivel acumulado de 873 m.

Este evento é un reto, unha experiencia que calquera practicante de BTT non pode quedar indiferente e tamén a oportunidade de pasar un fin de semana inesquecible, nun ambiente único entre algúns dos mellores practicantes da modalidade a nivel nacional.

Para máis información sobre a XI Maratón BTT Ruta do Xamón 2015, contacta a Organización do evento, a cargo do BTT Club de Chaves e do Municipio de Chaves: www.bttclubedechaves.pt
web engineered by hostname.pt