logo

Paseo de observación de aves polo Támega

Descubra as aves do río Támega nas novas rutas de observación de aves do Destino Chaves-Verín

Un dos grandes valores ambientais do Río Támega é a comunidade de aves asociada ao seu curso, ás súas lagoas e ao medio agrícola que o rodea. O próximo 25 de outubro, a Eurocidade Chaves-Verín, en colaboración cos Municipios de Chaves e Verín e a Associação de Desenvolvimento Regional do Alto Tâmega (ADRAT) realizará un percorrido por dúas das rutas de observación de aves asociadas á Ecovía do Támega. De man de guías locais os participantes han poder observar e coñecer as particularidades das aves deste complexo fluvial. Un autobús recollerá aos participantes en Chaves e Verín que os levará á primeira das rutas, que discorre entre Tamaguelos e a Lagoa de Mourazos. Ao finalizar esta ruta, de novo en autobús, achegarémonos ás Lagoas de Chaves, onde realizaremos unha nova ruta. É necesaria inscrición previa.






Data: 15 de outubro de 2015

Programa
(hora española)
09h30 Saída de Verín en autobús, na Praza do Concello e de Chaves, xunto ao Centro Cultural de Chaves
10h00 Inicio da "Ruta do ambiente de río e a mata ciliar" na Aula Transfronteiriza de Interpretación Ambiental de Tamaguelos
12h00 Inicio da "Ruta das Lagoas e dos Areeiros" xunto ás Lagoas de Chaves
14h00 Chegada a Verín y a Chaves en autobús

Contido
Duración de cada ruta: 1,5 h.
Paseo acompañado por expertos, dotados de equipo de observación.
Non se esqueza da cámara fotográfica, calzado e roupa adecuada e reforzo alimentario.

Inscricións e informacións
Inscricións gratuítas e limitadas ata 22 de outubro
Máis información en:
info@eurocidadechavesverin.eu
Concello de Verín (+34 988 410 000)
Oficina de Turismo de Verín (+34) 988 411 614
Centro Cultural de Chaves (+351 276 333 713)
Município de Chaves (+351 276 340 500)
web engineered by hostname.pt