logo

Dinamización do Foro Xuvenil Transfronteirizo

O 9 de outubro de 2012 botaba a andar na sede da Eurocidade en Feces de Arriba, o Foro Xuvenil Transfronteirizo da Eurocidade Chaves-Verín. Durante case dous meses e ata o 30 de novembro do mesmo ano, un total de 62 mozos de ambas localidades, baixo a supervisión e coordinación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (DXXV), o Instituto Português do Desporte e Juventude (IPDJ) , a Câmara Municipal de Chaves e o Concello de Verín, deseñaron un novo marco para a cooperación xuvenil transfronteiriza, no que as institucións, administracións e colectivos de mozos, pasen a compartir una mesma folla de ruta para dinamizar a Eurocidade.
Desenvolvido ao amparo do Programa de Cooperación Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP), este proxecto visaba, entre outros obxectivos, "crear un espazo de interacción entre a mocidade de Chaves e Verín que favoreza a creación de proxectos de participación xuvenil conxunta".
Dentro deste traballo, foi necesario trazar un mapa das asociacións de ambas cidades, convocar os seus representantes e analizar as causas que impiden unha maior participación dos mozos das asociacións xuvenís. Agora, proponse catro encontros que sirvan para impulsar o traballo feito en meses anteriores.

Obxectivos
- Dinamizar o intercambio de experiencias e opinións entre mozos portugueses e españois.
- Despertar entre os colectivos as ganas de colaborar en tarefas conxuntas.
- Suscitar iniciativas a curto prazo organizadas e / ou participadas pela mocidade.
- Detectar necesidades e oportunidades nas que os mozos sexan protagonistas.
- Descubrir as iniciativas a incluír en futuros convocatorias para proxectos europeos.

Encontros
Celebraranse 4 reunións na sede da Eurocidade, en Feces de Arriba (Verín):
- Martes, día 21 ás 20h00 - Máis oferta de lecer
- Martes, día 21 ás 21h00 - Ideas para mellorar a Eurocidade
- Martes, día 28 ás 20h00 - Máis oportunidades de futuro
- Martes, día 28 ás 21h00 - Propostas para próximos proxectos conxuntos

Público ao que se dirixen
Mozos de Chaves e Verín, así como outros colectivos e individuos que traballen coa mocidade da Eurocidade.
web engineered by hostname.pt