logo

Acción de Formación Agricultura e Medio Ambiente no Val do Támega

As ribeiras do río Támega atópanse, no seu tramo galego, incluídas na Rede Natura 2000 pola importancia dos seus bosques de ribeira e as formacións de vexetación acuática, así como pola súa fauna asociada. Por este motivo, o obxectivo desta xornada é concienciar á sociedade en xeral sobre os efectos que os diferentes usos do solo, a xestión dos recursos hídricos e as prácticas agrícolas poden ter sobre o entorno natural do val do Támega. Do mesmo xeito poñeranse en alza os valores ambientais deste espazo natural e daranse a coñecer as actividades desenvolvidas dentro do proxecto "Valoración de corredor ambiental do río Támega - VALTAMEGA".

PROGRAMA:
16:30-16:45 Presentación das Xornadas

16:45-17:30 O proxecto VALTAMEGA
17:30-18:15 O val do Tamega na Rede Natura 2000
18:15-18:30 Pausa para café
18:30-19:15 Xestión hídrica responsable na agricultura
19:15-20:00 Agricultura no val do Támega
20:00-20:30 Mesa redonda
20:30 Clausura das Xornadas

Data: 15 Xoves outubro
Local: Eurocidade Chaves-Verín, AECT (antiga alfándega española, Feces de Abaixo)
Información e inscricións:
Aquí
o +34 669 235 209 / +351 912 789 821 / info@eurocidadechavesverin.eu
A acción é gratuíta con inscrición previa.
web engineered by hostname.pt