logo

XIX PASEO RAIANO DE VILARELHO DA RAIA - RUTA DOS POBOS PROMISCUOS

O Centro Social, Cultural e Desportivo de Vilarelho da Raia, en colaboración con diversas entidades do Municipio de Chaves e da Comarca de Verín-Monterrei incluíndo a Eurocidade Chaves-Verín AECT, organiza o tradicional Paseo raiano, este ano dedicado aos antigos pobos promiscuos (Cambedo, Lamadarcos e Soutelinho da Raia), no ámbito das conmemoracións dos 150 anos do Tratado Internacional de Límites, celebrado o 28 de setembro de 1864 entre Portugal e España, que marcaron as comunidades raianas dos concellos de Chaves, Verín e Oímbra.

Co obxectivo de abarcar todos os pobos afectados polos episodios do Tratado de Límites de 1864, realízase a "un paseo, dous percorridos" para afeccionados e profesionais:

1º Soutelinho da Raia, Cambedo da Raia, Vilarelho da Raia (14 km)
2º Soutelinho da Raia, Cambedo da Raia, Vilarelho da Raia, Feces de Abaixo, Lamadarcos (22 km)

O paseo realízase o día 5 de outubro, con inicio da ruta na escola primaria de Soutelinho da Raia, ás 8h30 hora portuguesa (9h00 hora española). Os interesados dispón de autobús, incluído na inscrición, con saída ás 8h00 hora portuguesa (9h00 hora española) no Centro Cultural de Chaves e no Centro Cultural de Vilarelho da Raia.

O valor da inscrición son 8 €, que inclúe transporte, reforzo alimentario no lugar do "Oso", xantar convivencia no Centro C. de Vilarelho da Raia.

Inscricións ata o día 3 de outubro nos seguintes lugares:

CENTRO SOCIAL E CULTURAL DE VILARELHO DA RAIA
276 916 400 | 936 529 175 | centrovilarelho@sapo.pt

CENTRO CULTURAL DE CHAVES
276 333 713 | ded.cmc@gmail.com

AECT EUROCIDADE CHAVES-VERÍN
Sede en Feces de Abaixo: 988 416 017 | 608 913 048 | info@eurocidadechavesverin.eu 
Delegación de Chaves (edificio Polis): 276 340 500
Delegación de Verín (Concello de Verín): 988 410 000

TENDA DE DEPORTE MULTISPORT DE VERÍN
600 410 018 | buzon@multisport.es

CONCELLO DE OÍMBRA 
988 426 160 | marisa.oimbra@eidolocal.es

Organización: Centro Social Cultural e Desportivo de Vilarelho da Raia, Associação Flaviense de Caminheiros e Sendeiristas de Monterrei

Colaboración: Município de Chaves, Concello de Oímbra, União das Freguesias de Calvão e Soutelinho da Raia, Freguesia de Lama de Arcos, Eurocidade Chaves-Verín AECT, Cruz Roja, Fórum Galaico Transmontano, Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas, Multisport Verín, Associação Recreativa, Cultural e Desportiva Rota dos Contrabandistas de Lamadarcos.
web engineered by hostname.pt