logo

Taller musical da mocidade

A Eurocidade Chaves-Verín organiza, durante os días previos (27, 28 e 29 de novembro), un workshop musical de mocidade, baixo o nome “Música para todos”, que finaliza coa realización das Xornadas 'Espazo xuvenil transfronteirizo: balance e conclusións' e sinatura de un convenio entre asociacións dun e doutro lado da raia.

O proxecto “Música para todos” levarase a cabo na sala de Ensaios Musical da Eurocidade e foi promovido por dúas asociacións de mozos/as ligadas á AECT Eurocidade Chaves-Verín: “Geração Solidária - Associação Juvenil de Solidariedade Social” e a “Asociación Mocidade Galega”, con sede en Chaves e Verín, respectivamente - que ten como principal finalidade intercambiar a cultura musical portuguesa e española. Esta acción tamén conta co apoio  do Instituto Português de Desporto e Juventude e colaboración da AECT Eurocidade Chaves-Verín e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta da Galicia.

A iniciativa está a destinada a unha xeración de mozos/as con criterio e coñecemento básico musical, a través de workshops e presentacións con carácter artístico, ben coa creación dunha banda, que poda no futuro, de modo periódico, realizar concertos en España e Portugal. Esta banda tamén dinamizará a sala de Ensaios Musical do espazo Eurocidade, incluíndo a aprendizaxe e utilización dos instrumentos dispoñibles na mesma. Ademais, preténdese que os/as mozos/as galegos/as e portugueses afeccionados e semiprofesionais no campo musical podan tocar conxuntamente, presentarse ante o público, compartir experiencias, así como estreitar lazos transfronteirizos mediante o enfoque cultural e artístico.

A metodoloxía do proxecto, que incluirá entre 15 e 20 mozos/as, será esencialmente práctica, cun programa con maior incidencia na compoñente práctica. Para isto, as dúas asociacións contan tamén coas dúas Associações contan tamén coa colaboración da Academia Daniel Louro, da Associação Juvenil A Voz da Juventude (con sede en Chaves) e profesores de música de renome de Verín. Nos tres días o workshop terá lugar das 15.30 ás 21.00 horas (horario español), con temas como: canto, instrumentos, expresión artística en palco, entre outros.

O taller musical pecha o día 02 de decembro (martes), coa realización das Xornadas 'Espazo xuvenil transfronteirizo: balance e conclusións', que arrancarán ás 15.30 horas, e nas que se analizarán e debaterán as accións e actividades organizadas polo Posto Transfronteirizo de Información Xuvenil da Eurocidade, no ámbito do proxecto de cooperación transfronteirizo Eurocidade Chaves-Verín II. O Posto Transfronteirizo de Información Xuvenil, que se localiza na sede da Eurocidade (antiga aduana española), serve de plataforma para favorecer e apoiar a mobilidade, interacción e colaboración entre a mocidade portuguesa e galega, presentándose como un punto claro referente informativo, asesor en temas de emprego, cultura, ocupación de tempos libres, bolsas de estudo e proxectos europeos. Por outra banda, a exposición de casos prácticos e experiencias vividas nas diversas accións que se realizarán neste espazo xuvenil e as oportunidades de mobilidade xuvenil e apoio ao emprendemento xuvenil existentes na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e en Europa, constitúen algúns dos temas a expoñer ao longo destas xornadas.

As xornadas han culminar coa sinatura dun protocolo de colaboración entre dúas asociacións xuvenís dos dous lados da fronteira, caso único e pioneiro na fronteira luso-española, estreitando a colaboración institucional e a cohesión sociocultural da mocidade da Eurocidade Chaves-Verín.

Este protocolo marcará as pautas dunha futura colaboración máis estreita entre as dúas asociacións representativas da mocidade da Eurocidade, para a resolución de problemáticas comúns que afecta á sociedade xuvenil. Na sinatura do protocolo estarán presentes os directores rexionais de mocidade do Norte de Portugal e Galicia (Ovidio Rodeiro Tato, director xeral de Xuventude de Galicia, e Manuel Dias Barros, director regional do Instituto Português de Desporto e Juventude), así como os representantes máximos da AECT Eurocidade Chaves-Verín (Juan Manuel Jiménez Morán, director da AECT Eurocidade Chaves-Verín e alcalde de Verín, e Carlos Augusto Castanheira Penas, membro da Asamblea Eurocidade de vice-presidente da Câmara Municipal de Chaves).
web engineered by hostname.pt